(Vídeo) Coñece a historia da cidade romana afundida de Brandomil | Historia de Galicia
Brandomil, en Zas, unha antiga cidade romana / foto Fundación Brandomil

(Vídeo) Coñece a historia da cidade romana afundida de Brandomil

Tempo de lectura: < 1 min.

A lenda do Brandomil afundido está a salvo grazas a un coidado documental da Fundación Brandomil. Unha cinta impulsada por Manuel Rial (dirección e guión), Paula Vázquez (son e comunicación) e Pablo Alvite (fotografía e montaxe) sobre esta parroquia do Concello de Zas.

Esta reportaxe audiovisual recolle diferentes historias e fontes, entre elas, a dos veciños, arqueólogos ou estudosos, que dan a súa visión sobre o que foi ou puido ser unha gran cidade romana da antiga Gallaecia.

As lendas desta poboación son coñecidas dese hai tempo. De feito, o seu nome serviu ó poeta galego Eduardo Pondal para pórlle nome ó heroe celta que protagonizaba varios dos seus textos. Con todo, o seu nome forma parte da toponimia sueva. As últimas teorías arqueolóxicas sitúan aquí o enclave romano de Claudionerium, o último gran centro urbano do Occidente romano cunha superficie de máis de 20 hectáreas.

O documental, que recolle as historias e lendas de varias veciñas que agora xa non viven, apunta que Brandomil era unha gran cidade asolagada na que os veciños atopaban muros e paredes de pedra mentres traballaban no campo.

Este é o resultado deste interesante traballo:

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: