fbpx
Arañeira de encaixe

Camariñas segue adiante convertindo a súa Mostra de Encaixe en virtual no seu 30 aniversario

Tempo de lectura: < 1 min.

Despois de vintenove edicións a Mostra de Encaixe de Camariñas non debía ser cancelada pola situación actual co Covid-19. Por iso dende a organización e dende o Concello decidiu seguir adiante. No súa XXX edición a Mostra seguirá viva de xeito virtual.

Será a través da súa páxina de Facebook e da súa canle oficial de YouTube.  A mostra seguirá a implicar a todos os colectivos participantes no funcionamento habitual do evento e desenvolverase entre o pasado día 8 e o vindeiro día 12, como dende fai 30 anos ó longo da Semana Santa. O evento este ano conta ademais cunha participación especial da Deputación da Coruña.

Deseño de encaixe de Camariñas na Mostra de 2o19 / Concello de Camariñas

O evento virtual da Mostra do Encaixe, igual que estaba programado no físico, conta cunha programación por bloques. Nela inclúense franxas específicas para Grandes Deseñadores, Novos Deseñadores, Artencaixe, Pequencaixe, Xuntanzas Palilleiras, Delegacións Internacionais, Empresas, Artistas, Voluntarios, Stands e Medios de Comunicación.

O Departamento da Mostra do Encaixe pediulles a todos eles que enviasen os seus vídeos presentando o seu traballo para a mostra. Tamén transmitindo ánimo e forzas para volver a reencontrarse e afrontar aínda con máis gañas a XXXI edición do evento, que se celebrará, xa fisicamente no ano 2021. Os vídeos irán subíndose seguindo a programación deseñada.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...