Atopan 12 maravedís do século XVII nunha praia de Muxía
Aparecen o que semella ser 12 maravedís na praia do Coído de Muxía. Trátase de dúas moedas de cobre da época de Felipe III, do século XVII, que, segundo segundo recolle o xornal Adiante Galicia, serían traídas pola marea a esta praia de cantos rodados da Costa da Morte. As moedas serían unha de 4 maravedís da ceca de Segovia e outra de 8 da mesma época. Segundo a publicación, as moedas poderían proceder de pecios de piratas berberiscos que atacaron esta ría en 1617 y 1622.