fbpx
Cruceiro en Touro / foto Canibalismo urbanístico e maltrato á paisaxe

Deixan un cruceiro no medio dun illote en Touro despois de asfaltar unha estrada

Tempo de lectura: < 1 min.

Outro cruceiro de Galicia volve a quedar en serio risco despois de que as melloras do firme dunha estrada o deixaran no medio dun illote. Trátase dun cruceiro da parroquia de Novefontes, no concello de Touro que, segundo os veciños, sempre ocupara este lugar, mais que coas sucesivas obras, a última delas nos pasados días, acabou nesta perigosa localización.

E é que tras as obras o cruceiro quedou rodeado por completo de asfalto, no interior do illote e sen ningunha medida de protección fronte a un posible accidente de tráfico. O cruceiro, como tal, é Ben de Interese Cultural e precisa da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio para calquera obra no seu entorno de protección.

A imaxe fíxose ademais viral nas redes sociais causando unha enorme indignación. Segundo declaracións recollidas en Nós, o BNG de Touro cualificou a obra de “atentado patrimonial inxustificábel” pedindo “que se proceda a unha actuación inmediata para adecuar a obra ó entorno e ó respecto ó elemento patrimonial”. A imaxe fíxose ademais viral nas redes sociais causando unha enorme indignación.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...