fbpx
Cruceiro de Baldomir en Corcubión / foto Que pasa na costa

En risco un cruceiro de 320 anos co derrube do socalco que o soporta

Tempo de lectura: < 1 min.

No lugar de Cabo da Vila, na propia Corcubión, atópase o cruceiro de Baldomar. Segundo se di podería ser o máis antigo da vila xa que segundo a inscrición que posúe no seu varal estaría construído no ano 1700. É, ademais, unha das pezas máis singulares do concello contando cun pedestal cuadrangular achafranado de catro chanzos con varias inscricións, varal circular con estrías, capitel xónico e cruz de dobre cara.

O singular cruceiro atópase a pé de rúa salvando o desnivel desta cun socalco e sen ningún elemento de protección, o que, co paso do tempo, fixo que o cruceiro fora perdendo algunhas das pedras da súa base. Mais o pasado domingo por mor do temporais a riada levou dúas novas pedras da base deixando a estrutura en perigo.

As súas pedras xa foron retiradas da calzada. Mais o grupo político Sempre Corcubión, esixe ó goberno do PSOE unha actuación urxente. O alcalde Manuel Insua, sinalou que “non hai perigo de que o cruceiro se derrube” e que no futuro tentarán “construir un muro que evite que o cruceiro poida sofrir un maior deterioro” a través do Plan de Emprego Local.

Pode que che interese...