A lenda da Virxe dos Remedios de Lira que protexeu á vila dos piratas
En Lira, no concello de Carnota, na Costa da Morte, hai un pequeno santuario relixioso no que se venera á Virxe dos Remedos. A pequena capela ten a particularidade de empregar como lámpada o timón do ariete dun barco naufragado a mediados do século XX. Porén descoñecemos se é o timón do barco da lenda que fai famosa a capela.
Cóntase que a Virxe dos Remedios salvou a poboación dun barco de guerra francés que estaba asediando a zona. No barco ía un mozo moi pobre que se alistara por necesidade. O barco foi asaltando varias localidades da costa mais cando chegou a Lira con intención de desembarcar na praia de Ardilleiro o barco achou serias dificultades. As mulleres da vila encomendáronse á Virxe dos Remedios para que freara o barco.
Este, de feito, naufragou de xeito milagreiro levando consigo toda a tripulación. Mais no naufraxio sobreviviu un dos homes, o mozo. Dise que antes do naufraxio, coa intercesión da Virxe pedira perdón a Deus polos seus pecados. Tras salvarse acabou por casar cunha fermosa muller da propia vila. Segundo a lenda os namorados acabaron por casar nesta propia capela. Mais deste relato hai unha parte parte de verdade, pois no lugar si houbo un naufraxio dun buque francés.