fbpx
Peregrinos / foto jackmac34CC0

É posible reactivar xa o Camiño de Santiago?

Tempo de lectura: 3 min.

A Xunta quere reactivar a preregrinación xacobea nas próximas semanas. Así o declarou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, nunha videoconferencia cos alcaldes da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés a pasada semana.

Trátase de reactivar a peregrinación o antes posible, unha vez que as condicións de mobilidade e de seguridade o permitan. Pois, segundo o representante da Xunta, o Goberno autonómico está a ultimar o programa Camiño Seguro, co fin de establecer  a reactivación progresiva da peregrinación xacobea superada a situación actual.

Un tramo urbano do Camiño de Santiago / foto larahcvCC0

Un Camiño reactivado pero con seguridade para a Xunta

Na videoconferencia Xunta e Concellos  coincidiron na importancia de ofrecer a máxima seguridade ós peregrinos e ós profesionais e veciños que traballan no Camiño. Para iso Román sinalou que o programa Camiño Seguro contará cunha batería de medidas para cooperar cos Concellos das distintas rutas e co propio sector turístico.

Entre elas, referiuse ó protocolo de medidas hixiénico-sanitarias que a Xunta está desenvolvendo o Instituto para la Calidade Turística Española (ICTE) ó que se sumará o executivo galego, así como plans de formación específicos. “O noso obxectivo é que os peregrinos poidan volver pronto ó Camiño de Santiago, pero a prioridade é garantir a seguridade”, sinalaba.

Un albergue / foto HansCC0

Un protocolo para todos os albergues de España

O Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE) desnvolveu una guía con medidas para a redución de contaxios por Coronavirus nos albergues de España. Este documento, que non fala únicamente dos albergues do Camino de Santiago, senón de albergues e hostels en xeral, pretende dar recomendacións ás comunidades autónomas e organismos encargados da xestión, para evitar o Coronavirus.

Na guía preténdese dar pautas sobre como garantir a distancia de seguridade, como establecer medidas de proteción individual ou como se debe proceder a unha correcta desinfección e ventilación dos albergues, con medidas específicas para cada unha das zonas. Preténdese que no momento en que se volvan poñer en marcha estes aloxamentos dispoñan dunhas pautas concretas de actuación.

Un albergue / foto geryCC0

Algunhas medidas concretas propostas

No documento fálase de medidas como unha distancia mínima de 2 metros entre camas, lencería individual empaquetada e selada, que o propio peregrino faga a súa cama ou xel e alfonbras desinfectantes nas salas comúns. Nos baños apélase a un control de quendas, calzado adecuado ou dispensadores individuais de xabón.

Nos comedores apélase tamén ás quendas, á desinfección das cociñas despois de cada uso, o emprego de menaxe desbotable, a eliminación dos sitemas buffet, e a priorización polas monodoses. Especial coidado coa máquina de vending, o check in on-line, o pago con tarxeta e a eliminación de folletos e elementos impresos completan a nómina. Estas son algunhas das medidas máis no documento poden atoparse moitas máis.

Camiño de Santiago / foto larahcvCC0

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...