Tres novos edificios súmanse á nova imaxe do Berbés
O Consorcio do Casco Vello de Vigo (CCVV), construíra dous novos inmobles na histórica fachada do barrio do Berbés de Vigo e un na súa traseira a rúa Pobladores. Os tres inmobles, dos que no número 29 tan só se conserva o soportal, foron adquiridos polo CCVV nun dos maiores proxectos de inversión do organismo.
Nos tres edificios xeraranse un total de 795 metros cadrados en varios andares e contarase cun orzamento de 1.127.360 euros. O proxecto estará desenvolvido polo estudio do arquitecto Javier Vázquez Fernández.

Proxecto para o Berbés para o edificio administrativo da Universidade de Vigo no Berbés
O proxecto conservará e potenciará o característico soportal mariñeiro, e manterá a diferenciación de edificios que terán as súas entradas polas fachadas orixinais. Polo de agora descoñécense outros detalles do deseño dos edificios pero, como non pode ser de outro xeito, adaptaranse ó PEPRI do Centro Histórico de Vigo, tratando de manter a súa integración co entorno urbanístico do Berbés.
Unha nova imaxe para o Berbés
Esta nova edificación de tres antigos edificios será unha nova peza para a nova imaxe do histórico barrio cunha nova imaxe. Pois a renovación da fachada marítima do barrio comezou a construírse no ano 2016 coa cesión á Universidade de Vigo dos números 11, 13 e 15 desta Ribeira para a construción dun novo edificio administrativo.

Foto do porto do Berbés de Vigo en 1925 / foto Enrique Sarabia en Ollar Galicia Fotografía Antigua
O edificio xa rematado uniu baixo un mesmo volume e cunha arquitectura de vangarda nos números os tres edificios anteriores, conservando pouco máis que a estrutura dos soportais. Tamén dende en 2018 a Xunta de Galicia está a construír número 5 da Ribeira un novo albergue de peregrinos.

Sede da Universidade de Vigo no Berbés / foto Universidade de Vigo