fbpx
Proxecto para ampliación do Museo de Pontevedra / fotograma do vídeo de presentación, Deputación de Pontevedra

Un gran museo subterráneo unirá todos os edificios históricos do Museo de Pontevedra

Tempo de lectura: 2 min.

Un gran soto unirá os tres grandes edificios históricos do Museos de Pontevedra. Trátase de conectar os edificios Castro Monteagudo, García Flórez e Fernández López, solucionando problemas de espazo, así como o gran problema de accesibilidade dos edificios precedentes. Coa intervención gañaranse 1.900 metros cadrados de superficie construída, permitindo tamén unha mellor redistribución doutros tantos metros dos edificios anteriores.

Proxecto para ampliación do Museo de Pontevedra / fotograma do vídeo de presentación, Deputación de Pontevedra

Un proxecto inspirado no Luvre

A nova proposta está desenvolvida polo arquitecto e asesor provincial Jesús Fole. A proposta ten a súa inspiración na ampliación por métodos semellantes de algúns dos grandes museos europeos no que o Luvre foi o pioneiro. No caso de Pontevedra semella especialmente acertado, xa que se conectarán tres edificios históricos practicamente exentos que non verían modificada a súa fisionomía exterior.

Ó conxunto terá un acceso único polos soportais inferiores do edificio Fernández López, nun nivel 0. Dende el poderase acceder ó soto -1, que compartirá acceso entre os edificios Castro Monteagudo e Fernández López. Dende el á súa vez poderase baixar ó soto -2 que comunicará ós edificios García Flórez e Castro Monteagudo. Por último construirase un ascensor que comunicará ambos os dous coa torre do edificio Castro Monteagudo, cara un novo miradoiro con vistas ás torres de Santa María e San Bartolomé.

 

Estudos xeotécnicos

O proxecto empezará a concretarse de xeito definitivo en breve, pois os resultados do estudos xeotécnico desenvolvido pola empresa Galaicontrol  foron positivos. Isto quere dicir que o terreo é favorable para dita construción. Pois trátase dun chan de recheos e cimentación con granito e formigón nos primeiros metros e áreas limosas compactas a partir dos 6,60 m.

Ó non ser un chan nin “colapsable, nin expansivo”, e non afectando tampouco a estabilidade das actuais estruturas sería perfectamente favorable a unha construción con métodos habituais. Porén, iso si, ó atoparse no subsolo dun centro histórico declarado Ben de Interese Cultural, deberá contar co pertinente control arqueolóxico.

Proxecto para ampliación do Museo de Pontevedra / fotograma do vídeo de presentación, Deputación de Pontevedra

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...