Cal é o petróglifo “máis riquiño” de Galicia?
“Pode ser este o petróglifo máis riquiño do país?. Pode”. Con esta evocativa e retórica pregunta o divulgador do noso patrimonio Manuel Gago amosaba nos pasados días nas súas redes sociais un dos petróglifos máis singulares da nosa xeografía.
Pode ser o petróglifo máis riquiño do país? Pode. pic.twitter.com/0K2lNRVLDi
— Manuel Gago (@magago) October 23, 2020
Trátase da imaxe dun dobre cérvido enfrontado en espello, no que semella un reflexo ó carón dun círculo con coviñas no seu interior. A imaxe ábrese a múltiples interpretacións, quizais de especial profundidade, pois os dous cérvidos separados por unha liña sinuosa son tamén macho e femia enfrontados.
En todo caso é unha das figuras do excepcional conxunto da Laxe das Lebres. Trátase dun gran panel cun elevado número de representación de cérvidos, tamén distintas figuras como antropomorfos a cabalo. Atópase na área arqueolóxica da Caeira, no concello de Poio, a uns 150 metros sobre o mar.

Laxe das Lebres / foto de megalítica.blogspot.com
A icónica representación esquemática foi sacada dun estudo do investigador Ramón Sobrino Buhígas.
Manuel Gago é un dos maiores divulgadores do patrimonio galego. Investigador, xornalista, comisario e escritor é director de Cultural Galega e profesor da USC. As súas redes sociais e o seu blog Capítulo Cero son amplamente seguidos por especialistas e amantes da cultura e do patrimonio. Porén, algúns seguidores atrevéronse a ir un pouco máis alá.
Eu coido que o máis riquiño no é ese, senón este pic.twitter.com/2ZRaEUVK8V
— Nacho Jorganes (@Jorganes) October 23, 2020
Mellor así 😊 pic.twitter.com/I3cyDNefi3
— Camiño do Mar (@caminodomar) October 23, 2020