Poderían ser os hórreos Patrimonio Mundial?
Un hórreo é un celeiro palafítico ou un almacén de gran erguido do chan mediante pés ou outras estruturas co obxectivo de separalo da humidade e dos animais, mantelo seco, aireado e nun óptimo estado de conservación. Os hórreos son construcións típicas de Galicia, mais tamén de Asturias, norte de Portugal, do norte peninsular e tamén doutros lugares do globo, como Reino Unido, Laos ou Xapón.
É por isto que o pasado venres 11 de decembro, responsables de patrimonio e asociacións de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, León e Norte de Portugal mantiveron de xeito telemático o primeiro Encontro sobre Hórreos da Península Ibérica convocada pola Asociación de Amigos del Hórreo Asturiano. Na reunión intercambiaron coñecementos, técnicas e criterios de protección e conservación comúns.
Tamén estableceron contacto con asociacións e institucións de outros países como Suíza, Romanúa ou Xapón. O obxectivo, ademais de intercambiar experiencia é traballar xuntos para unha candidatura ó Patrimonio Mundial da UNESCO, así como solicitar a inclusión dos hórreos nos plans nacionais de arquitectura tradicional e patrimonio inmaterial. A nova do encontro foi recollida pola edición de Pontevedra e pola sección de cultua de La Voz de Galicia e polo diario Comercio de Asturias.

Hórreo inglés en Somerset / foto NotFromUtrecht CC-BY Wikimedia