fbpx
Frame do vídeo promocional do videoxogo The Waylanders

Unha Compostela medieval e o choque entre relixión e paganismo no novo de The Waylanders

Tempo de lectura: 2 min.

Unha cidade amurallada, con casas de madeira, hortas e hórreos e, sobre todo, a catedral de Compostela, fielmente retratada no corazón da cidade medieval. Estes son os elementos protagonistas da extensión de The Waylanders, o videoxogo que recrea, en escenarios inspirados no noso territorio, os grandes mitos da cultura galega.

Fielmente representada, coas torres medievais e detalles como o Pórtico da Gloria ou a iluminación natural que no seu día tivo o templo, así como referencias ós deseños do mestre Mateo para a súa construción, a cidade medieval de Compostela é a protagonista. Unha historia de fantasía no que a cidade, e sobre todo e a catedral medieval de Santiago aparece fielmente representada.

Frame do vídeo promocional do videoxogo The Waylanders

Trátase da ampliación do videoxogo The Waylanders, que foi lanzado o pasado verán pola empresa coruñesa Gato Studio e que será presentado na primavera deste ano. O videoxogo, que pertence ó xénero de rol táctico estilo RPG e que mesmo contou coa dobraxe de actores de Hollywood, dá vida os seus protagonistas a través de mitos celtas e medievais.

 

Nesta extensión a catedral e a cidade de Santiago súmanse a outros escenarios como Duio, Dúmbriga, Ézaro, Brigantium, as minas das Médulas, ou mesmo Mundo Moure a recreación das cidades soterradas dos mouros. Nesta extensión ademais de recrear unha cidade dividida entre os barrios rico e pobre, o xogo expón o sempre complexo choque entre paganismo e relixión.

Frame do vídeo promocional do videoxogo The Waylanders

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...