As bicis de montaña tamén axudan a atopar petróglifos esquencidos | Historia de Galicia
Petróglifo atopado no Monte Maúxo, en Saiáns / petroglifosdomauxo.com

As bicis de montaña tamén axudan a atopar petróglifos esquencidos

Tempo de lectura: < 1 min.

Nesta terra tan rica en bens patrimoniais como en desfeitas arqueolóxicas, non é ningunha sorpresa que continúen aparecendo máis e máis petróglifos inéditos. É o caso do atopado en Cal de Outeiro, na parroquia de Saiáns, en Vigo. Un curioso achado que se produce grazas ao paso de innumerables rodas de bicicletas de montaña que acabaron por quitar a terra e musgo que tiña.

Trátase, como apunta José Costas Goberna dunha combinación circular segmentada en irregulares rectángulos dispostos en espiral ao redor dun centro bipolar. Apareceu no terreo onde se localiza un dos cinco xacementos ao aire libre da prehistoria recente documentados no que hoxe é o concello de Vigo, o único da parroquia de Saiáns.

O lugar foi usado como asentamento humano fará uns catro mil anos. Entre as evidencias arqueolóxicas aquí documentadas, algúns anacos de cerámica de campaniforme da Idade do Bronce. Máis información en petroglifosdomauxo.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: