fbpx
Imaxe publicada o pasado luns de operarios sen EPIs e sen manter o distanciamento / foto Vigo Histórico

Retorno polémico ás obras da Porta do Sol de Vigo que acabarán cos restos da muralla do s. XVII

Tempo de lectura: 2 min.

Ó retorno ás actividades económicas non esenciais está xa a traer a primeira polémica respecto coa destrución do patrimonio. É, unha vez máis, nas obras do túnel da Porta do Sol de Vigo, unha obras máis discutidas na cidade dos últimos anos, pois para poder levar a diante o proxecto terá que destruírse o patrimonio arqueolóxico do que outrora fora o corazón do casco histórico da primitiva cidade.

É por isto que a asociación Vigo Histórico, que durante ó último ano foi a cabeza visible da oposición cidadá a este proxecto, veu de chamar a atención nos pasados días nas súas redes sociais sobre o retorno ás obras. Neste caso faríao denunciando a ausencia de medidas de protección entre os operarios, que segundo se pode ver nas imaxes que eles mesmos aportan, non contan con distanciamento nin ningún tipo de EPI, incluídas máscaras.

Este feito chamou unha vez máis a atención dos membros da asociación que de novo volveron pór o problema da obra sobre a mesa, así como a cuestionar a necesidade de continuar con ela neste momento. “Fai unha semana que Barcelona parou as obras públicas polo COVID-19. En Vigo continúan. Cal é a prioridade do Concello de Vigo?” afirmaban. “Debería replantexarse o gasto de 18 millóns de euros nunha obra innecesaria”. “Non é preferible empregar os fondos do túnel para unha reconstrución sostible de Vigo?”.

Imaxe publicada antes da última restrición, de operarios sen EPIs e sen manter o distanciamento / foto Vigo Histórico

Ameazada a muralla do século XVII que protexeu contra os piratas

E é que dende a asociación levan tempo facendo un chamamento a unha alternativa peonil para a Porta do Sol que non precise dun túnel. Para isto chegaron a amosar diferentes propostas e a pór de relevo que para a consecución do proxecto chagaría cunha desviación e redistribución de tráfico. Tamén alertaron do impacto que tería o proxecto para Elduayen e o Paseo de Alfonso XII. As obras foron, ademais, un gran motivo de polémica e provocaron importantes mobilizacións cidadás.

Finalmente os traballos comezaron o pasado outubro e deron, como non podía ser doutro xeito, lugar ó achado do sistema defensivo da muralla do século XVII e a antiga Porta do Sol, unha gran muralla de protección fronte ó ataque de corsarios e piratas ingleses e as guerras con Portugal. O achado, ó que é seguro que acompañarán moitos outros, procede dese momento no que que Vigo comezaba xa a erixirse como a gran urbe do sur de Galicia.

Restos da antiga muralla do s. XVII atopada nas obras / foto Xornal de Vigo

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...