fbpx
Iglesia de San Clodio en Ribas de Si /l foto Turismo de Galicia

A Xunta tira de voluntarios para limpar as ruínas do mosteiro de San Clodio e de dous castros da provincia

Tempo de lectura: < 1 min.

Tres lugares de especial interese patrimonial serán acondicionados este ano para as visitas turísticas no xeoparque Montañas do Courel. Serán o castro de Vilar, no concello de Folgoso do Courel, o castro de Penadominga, no municipio de Quiroga, e as ruínas do mosteiro de San Clodio, no Concello de Ribas do Sil.

E é que a Xunta de Galicia ven de convocar tres campos xuvenís de traballo, financiados pola Dirección Xeral de Xuventude, no que os mozos desenvolverán voluntariado axundando a limpar e preparar estes tres lugares ou as súas contornas, como é o caso de Pedradominga onde se acondicionará unha ruta de sendeirismo ó seu carón.

No caso de Ribas de Sil, dedicarase ó acondicionamento e a limpeza do mosteiro. Ademais o Concello de Ribas de Sil ten previsto acondicionar tamén un roteiro de sendeirismo entre as ruínas de San Clodio e os restos tamén en ruínas da capela renacentista de San Antonio que foi descuberta no ano 2018. Recolle a nova La Voz de Galicia.