fbpx
Bois nunha foto antiga / Amazon

Cando os castradores de Iparralde se asentaron en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

Galicia tamén foi lugar de acollida de vascos do outro lado da fronteira española, de Iparralde. Eran expertos castradores e traballaron polas aldeas galegas. Procedían do departamento francés, hoxe coñecido como os Pirineos Atlánticos, principalmente, do Val de Ossau.

Esta rexión non só deu ó mundo, a súa coñecida salsa. Tamén foi exportadora durante séculos de castradores, que desempeñaban o seu oficio con habelencia en toda a península. Así que, estes homes que normalmente anunciaban a súa chegada cun chifre, viñan de lonxe.

No libro “Les Crestadous” publicado en 1994 por René Arripe contan moito desta sorprendente historia dos castradores do Val de Ossau, nas terras de España e Portugal. E nos listados, que o autor elaborou con moita paciencia, podemos atopar a varios Bispalie e tamén Arrateig, que traballaron en lugares indeterminados da península. Despois dunha pequena investigación, Helena González,  de Bisagras de Papel, descubriu interesantes casos destes castradores que acabaron asentando en Galicia e deixando en herdanza a súa sabedoría aos seus descendentes. Toda a reportaxe en Lugo Xornal.