Novo atentado patrimonial dos turistas na praia das Catedrais
As redes sociais ferven tras circular varias imaxes nas que se poden ver a turistas facendo pequenos milladoiros na Praia das Catedrais, ademais, en zonas prohibidas ante a ameaza de derrube.
Este tipo de actuacións está prohibida xa que As Catedrais é un entorno protexido no que non se pode mover nada. Ademais, este tipo de “parvadas” poden poñer en risco a vida dos propios turistas xa que se están acendo en zonas de derrube, coa posibilidade de que se produzan novos accidentes como o que xa lle custou a vida a unha turista. Toda a información en Xornal da Mariña.