Unha visita guiada a Santiago a cambio de dúas noites de hotel?
‘Santiago Prémiate’. E faino literalmente pois o pasado 21 de xuño o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte e o presidente da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, Tommi Alvarellos presentaban segunda edición de Santiago Prémiate. Trátase dun proxecto que agasalla ás persoas que pernocten en Santiago con visitas guiadas pola cidade.
A condición para poder acceder a esta promoción é pasar un mínimo de dúas noites nun hotel ou pensión da cidade. Quen se aloxe polo menos como mínimo 2 noites nun hotel ou pensión de Santiago poderá elixir unha visita por persoa, a escoller entre “Tour Peregrino” ou “Compostela Contada”.
A iniciativa, comezada no pasado ano 2020 foi considerada todo un éxito, tal e como destacaba Guinarte, con máis de 1.000 visitas nun ano especialmente complexo polas restriccións da Covid-19. E é precisamente por isto polo que se quere repetir o programa, incluíndo como novidade unha visita guiada en inglés como premio para o turismo internacional.
“Santiago Prémiate”, que se desenvolve coa colaboración da Deputación da Coruña, dará a oportunidade de formalizar a reserva da visita guiada da súa elección enviando un correo a SantiagoTePremia@SantiagoTurismo.com. As visitas terán saída todos os días ata o 15 de outubro, con catro saídas diarias ata o 30 de setembro, ás 10.00, 12.00, 16.00 e 18.00 horas e dúas no mes de outubro, ás 12.00 e 16.00.