fbpx
Sondaxes no Castro Valente / foto Castelos no Aire

A polémica instalación dun parque eólico en Castro Valente chega ao Congreso

Tempo de lectura: < 1 min.

A inacción da Xunta de Galicia para denominar o xacemento arqueolóxico de Castro Valente como Ben de Interese Cultural, obrigou a Galicia en Común a trasladar ao Goberno español unha petición para protexer este patrimonio histórico galego en perigo pola intalación dun parque eólico de Iberdrola na zona.

Gómez Reino, deputado de Galicia en Común por A Coruña, instou o goberno a tomar medidas para evitar a instalación deste parque eólico que contará cun muíño a 200 metros do xacemento arqueolóxico de Castro Valente.

Os posibles danos deste proxecto eólico poden supoñer a espoliación dun ben patrimonial como é Castro Valente, non podemos quedarnos inmóbiles”, argumentou o político coruñés. Ademais, comentou que o monte galego está “sobrecargado de eólicos” posto que xa se supera “a produción renovable estipulada para o ano 2030”.

Dende Galicia en Común, apuntan que dende as autoridades autonómicas non se van facer cargo da protección de Castro Valente “polo interese de Feijóo en apoiar ás grandes empresas indo en contra da propia normativa europea”.

Pode que che interese...