Así foi en imaxes a manifestación que pediu un futuro eólico distinto
Baixo o lema ‘Eólica Así non!’, na mañá do pasado sábado, máis de 20 colectivos e plataformas ecoloxistas, veciñais, sindicatos, todos os grupos políticos da oposición e asociacións veciñais, culturais e ambientais de Galicia encheron as rúas de Santiago de Compostela para pedir un modelo eólico diferente.
A marcha, que saíu ás 12 horas da Alameda, percorreu as rúas do Ensanche compostelán e do seu centro histórico con lemas como “que non nos rouben os nosos recursos”. A marcha concluíu na praza do Obradoiro onde as entidades convocantes leron un manifesto.
- Momento da manifestación / foto no vídeo Consuelo González
- Diversos colectivos en favor do patromonio manifestáronse / foto no vídeo de Consuelo González
- Rede do Patrimonio Galego na manifestación / foto Amigas das Arbores de Ourense
- O Obradoiro ateigado mantendo a distancia de seguridade Prantando árbores tras a manifestación / foto Amigas das Arbores de Ourense
- Imaxe da pancarta co lema da manifestación / foto Amigas das Arbores de Ourense
- Pancarta das Amigas das Árbores de Ourense
- Prantando árbores tras a manifestación / foto Amigas das Arbores de Ourense
- Prantando árbores tras a manifestación / foto Amigas das Arbores de Ourense
- Momento da manifestación / foto no vídeo Consuelo González
- Momento da manifestación / foto no vídeo Consuelo González
- Mobiliazación por outro modelo eólico en Santiago de Compostela / foto LB Torres, colectivo Como Eliminar os Eucaliptos de Galicia
A marcha reclamaba novo modelo eólico para Galicia e a paralización dos proxectos que actualmente están en tramitación. Un modelo diferente que non se basee na depredación do medio. Todos eles pediron un novo modelo eólico “respectuoso co medioambiente” e o patrimonio, que “teña implantación no territorio” e permita “un desenvolvemento equilibrado”.
Fronte ó modelo actual, de aeroxeradores que acadan os 200 metros de altura, afectando gravemente á Rede Natura 2000 e a súa ampliación, que a Xunta debería ter tramitado vai xa tempo, e a multitude de bens e xacementos patrimoniais, pídese un cambio de rumbo. Unha “avalancha eólica” que terá unha pegada ecolóxica e no patrimonio como ata o de agora non se vira no noso territorio.

O Obradoiro ateigado mantendo a distancia de seguridade Prantando árbores tras a manifestación / foto Amigas das Arbores de Ourense