fbpx
Reconstrución do horreum de Sober / La Voz de Galicia

Atopan o que pode ser un dos primeiros hórreos galegos

Tempo de lectura: < 1 min.

Os arqueólogos, que traballan no horreum descuberto no xacemento romano da porroquia de Proendos no Concello de Sober, desenvolveron unha recreación gráfica do que puido ser un dos primeros hórreos de Galicia. Esta recreación acompaña o panel interpretativo que se atopa no xacemento que xa é un novo recurso turístico para a comarca.

Os investigadores consideran que os muros paralelos que o formaban tiveron que estar protexidos da intemperie por un teito a dúas aguas, como detalla La Voz. O arqueólogo Francisco Alonso Toucido, que dirixiu as excavacións, sinala que o muro central de estructura é máis ancho que os seis restantes. “Pensamos que ese muro servía de base para as columnas que sostiñan a cuberta na súa parte central, explica.

En canto ás paredes exteriores da construción, os investigadores supoñen que estiveron formadas por unha serie de táboas verticais ou postes separados entre si. Como recolle o xornalista Francisco Albo no seu artigo, a separación entre as táboas tería o obxectivo de facilitar a aireación do interior do edificio para favorecer a conservación dos cereais.

Na hipotética reconstrución do horreum, os arqueólogos tamén apuntan a hipótese de que a plataforma de madeira construída sobre os muros paralelos formaba unha especie de beiril«Para conservar cereais é fundamental protexer o depósito contra os roedores, e esa é a función que teñen os chamados tornarratos nos hórreos tradicionais galegos», comenta Alonso ao respecto. A xuízo dos investigadores, dar unha forma de beiril á plataforma de madeira impediría que os ratos entrasen no celeiro trepando polos muros de rocha. Para más información: La Voz de Galicia.

Pode que che interese...