fbpx
Retrato de Mariana de Neoburgo / Museo do Prado

Cando o cu da raíña Mariana de Neoburgo bautizou unha pedra da Ría de Ferrol

Tempo de lectura: < 1 min.

Carlos II de España “O Enfeitizado” comezou o seu reinado ao cumplir a maioría de idade tras a rexencia da súa nai. O rei sufría de diferentes enfermidades e, cando casou con María Luisa de Orleans, sobriña do rei francés Luís XIV, non foi quen de ter descendencia. A raíña francesa morreu e, entre tódalas candidatas, escolleron a Mariana de Neoburgo, filla de Felipe Guillermo de Baviera, debido a que as súas antecedentes eran coñecidas pola súa fertilidade, segundo indica o divulgador Juan A. Oliveira.

A voda tivo lugar en Ingolstadt (Alemaña) en 1689. Entón, a raíña comezaría a súa travesía cara a España. Mais a Guerra dos Nove Anos comezara, polo que tivo que facer un camiño alternativo: de Baviera a Rotterdam, en barco ata os Países Baixos, logo Inglaterra e, máis tarde, chegaría a Península a través de Santander.

A viaxe estivo marcada polas duras condicións climáticas e, ademais das tardanas, a frota foi obrigada a desplazarse ata A Coruña. Aínda así, os ventos impediron novamente a súa chegada ao porto coruñés e rematou atracando preto de Mugardos. Ao saír da embarcación, a raíña, que sufriu unha dura viaxe de máis de sete meses, nada máis poñer un pé na pedra que lle permitía pisar terra, caeu de cu. 

Dende ese día, esa pedra situada xunto ao Castelo da Palma foi bautizada como “o cu da raíña”. A pesar deste detalle, Mugardos tratou tan ben a Mariana de Neoburgo que Carlos II concedeulle o título de “Real Vila” ademais de eximir aos mozos mugardeses do servicio militar, segundo narra o divulgador e Enxeñeiro Técnico Naval pola Universidade da Coruña Juan A. Oliveira no seu blogue.

Pode que che interese...