fbpx
O Microscopio de Antony Van Leeuwenhoek / foto Consellería de Cultura

Así é o microscopio de Antony Van Leeuwenhoek o primeiro instrumento científico que será BIC en Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

O microscopio do naturalista holandés Antony Van Leeuwenhoek inicia hoxe o seu proceso para converterse en Ben de Interese Cultural (BIC). Pois o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a incoación do procedemento para declarar Ben de Interese Cultural este singular elemento do século XVII. Trátase do primeiro instrumento científico que Galicia declarará BIC.

Trátase dunha peza emblemática e única en España que permitiu ó seu creador sentar as bases da bacterioloxía e protozooloxía, e que se atopa en Galicia nunha colección dun particular. O microscopio foi creado a finais do século XVII por Antony Van Leeuwenhoek, un holandés considerado o pai da microbioloxía e parasitoloxía que foi un dos primeiros en observar os microorganismos.

Para isto utilizaba microscopios do seu propio deseño como esta peza descuberta no ano 2014. Foi na dragaxe de lodos dunha canle da cidade de Delft onde o científico viviu toda a súa vida. Posteriormente foi adquirido polo seu actual propietario, residente en Galicia, por medio dunha plataforma dixital a un vendedor de antigüidades. O microscopio foi autenticada pola Universidade de Cambridge.

O Microscopio de Antony Van Leeuwenhoek / foto Consellería de Cultura

O único microscopio orixinal de Leeuwenhoek que se coñece en España

A súa importancia radica en que este exemplar é o único microscopio orixinal de Leeuwenhoek que se coñece en España, dos nove que se conservan en todo o mundo e dos máis de 500 que se cree que chegou a construír. É o irmán xemelgo do que existe no Museo Boerhaave de Leiden.

Aínda que ten un aumento maior que aquel, como el, presenta unha característica única: tres buratos no parafuso. O resto dos microscopios localízanse fundamentalmente no país de orixe do naturalista, cuxas investigacións se consideran a orixe da microbioloxía e o desenvolvemento do microscopio.

Coa incoación do expediente aplicarase de forma inmediata e provisoria ata a súa aprobación definitiva a protección integral da peza. A incoación realízase a petición da Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deporte. No expediente valórase a súa importancia científica e cultural e a súa achega ó avance para a ciencia para posibilitar o progreso de moitas disciplinas científicas.

O Microscopio de Antony Van Leeuwenhoek / foto Consellería de Cultura

 

Pode que che interese...