fbpx
Monxes en Sobrado dos Monxes/ Moncho Fuentes-Xunta

1,65 millóns para a rehabilitación dun dos claustros galegos

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta investirá uns 1,65 millóns de euros para mellorar a conservación do claustro grande do mosteiro de Sobrado dos Monxes, catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC). O obxectivo é que as obras do mosteiro, que está asociado á declaración de Patrimonio Mundial dos Camiños do Norte, estean rematas para o ano 2023.

A rehabilitación enmárcase dentro das propostas da Xunta do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia. Como adiantaron, as obras do claustro grande consistirán na renovación da cuberta e o illamento térmico.

Ademais, o obxectivo é que no futuro este espazo conteña materiais expositivos de interpretación con fins culturais e turísticos. A Xunta xa investira 2,5 millóns de euros no albergue de peregrinos co que conta o mosteiro.

“Este ben é un dos principais mosteiros de orixe medieval de Galicia e a nosa obriga é contribuír á súa conservación”, expuxo o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, quen visitou o complexo para anunciar a licitación da redacción do proxecto básico, o de execución e o de dirección da rehabilitación do mosteiro de Sobrado. Na súa visita, referiuse ao mosteiro como “xoia patrimonial, de especial importancia para toda Galicia pola súa vinculación co Camiño de Santiago”. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...