fbpx
Tarxeta de contacto de JJ Rosewarne / Adiante Galicia

O mineiro inglés que veu na busca de ouro e estaño e quedou namorado da Costa da Morte

Tempo de lectura: < 1 min.

As minas de ouro e estaño galegas das que falan as fontes grecorromanas provocaron que John James Rosewarne viaxase a Galicia na busca destes materiais. Rosewarne, de orixe inglés, convertiríase nun dos pioneiros da minaría moderna en Galicia.

‘Juan’ James Rosewarne, natural de Saint Columb, chegaría a Galicia a finais do século XIX. Como indica Adiante Galicia, no 1878 xa descubriu minas de ouro en Carballo, Neme e Corcoesto. Nos seus estudos aparecen informes sobre minerais demandados daquelas, como eran o wolfram, o litio ou o silicio. O seu traballo de investigación é un legado importante para a minaría galega.

Entre 1900 y 1920 percorre toda a Costa da Morte e realiza traballos en antigas minas abandonadas. Os minerais que atopaba -ouro, estaño, wolfram e caolín- , comercializábaos. Durante anos vendeu a ingleses, franceses e alemáns, mais a Gran Guerra cortou as súas fontes de financiamento.

Roseware era un máis da Costa da Morte. Intalouse en Zas, alí casou e tivo fillos, aos que alimentaría co seu traballo na minaría. Na zona, o inglés abriu minas entre 1911 e 1919 en Meanos (Zas), como Dorotea, Nueva Esperanza y Nueva Esperanza 2, para empresas como Eureka Company o Dome Mining co. Para máis información: Adiante Galicia.

Pode que che interese...