Un miliario romano no peche dunha finca en Xunqueira de Ambía
Tempo de lectura: < 1 min.
Xabier Moure, do colectivo Patrimonio dos Ancares, destaca a presenza dun miliario nunha finca particular de Xunqueira de Ambía. Era un das marcas da Vía XVIII do itinerario de Antonino que unía Bracara Augusta con Asturica Augusta.
A súa inscripción é a seguinte: “IMP(erator) CAES(ar) C(aius) IULIUS VERUS/MAXIMINUS P(iu)S FELIX AUG(ustus)/GERMANICUS MAX(imus) DACICUS/MAX(imus) SARMATICUS MAX(iumus)/PONTIFEX MAX(imus) TRIBUNICIAE/POTESTATIS V IMP(erator) VII P(ater) P(atriae) CONS(ul) PRO/CONS(ul) ET C(aius) IULIUS VERUS MAXIMUS/NOBILISSIMUS CAES(ar) GERMANICUS/MAX(imus) DACICUS MAX(imus) SARMATICOS/MAX(imus) PRINCEPS INVENTUTIS FILIUS D(omini) N(ostri)/IMP(eratoris) CAES(aris) G(ai) IULI VERI MAXIMINI PII/FELICIS AUG(usti) VIAS ET PONTES VETUS/TATE CONLAPSOS RES(titu) I CURARUNT/CURANTE Q(uinto) DECCIO LEG(ato) AUGG(ustorum) PR(o)/PR(actore) C(larissimo) V(iro) A BRAC(ara) AUG(usta) M(ilia)/P(assuum)”,(“Ao emperador césar augusto Gaio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático, máximo, pontífice máximo, coa quinta tribunicia potestade, emperador pola sétima vez, pai da patria, cónsul, procónsul, e Caio xulio Vero Máximo, nobilísimo césar, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático, máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor o césar emperador Caio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, augusto, procuraron refacer as vías e as pontes deterioradas polo paso do tempo, sendo responsable Quinto Decio, legado propretor dos augustos, esclarecido varón, na milla 73 dende Braga”).
A súa vez José Manuel Blouzo Limiá apunta que este miliario está en Casasóa e que foi atopado polos donos da casa mentres araban. “A xunta non foi quen de expropíarlle-lo”, responde no fío deixado por Xabier Moure no grupo de FB Arqueoloxía de Galicia. “Da miña aldea marcharon varios pedrós, en carros de catro eixos, cara a casa do concello de Xunqueira de Ambía, e algún debe estar no museo de Ourense….os da miña aldea situabanse prácticamente todos no topónimo As Santas, que veu sendo según Elixio Rivas, As Antas”.