fbpx
Proxecto de produción de electricidade de Tesla a comezos do século XX

Así se lucraban as eléctricas e os alcaldes en 1936 subindo os prezos da luz

Tempo de lectura: < 1 min.

Estes últimos tempos, os prezos da enerxía están á alza. As queixas por parte dos sectores sociais son continuas e os gobernos escoitan aínda que ignoran a situación e non actúan. Estes problemas non só son propios do día de hoxe, xa en 1936 os elevados prezos da luz provocaron conflito polo seu manexo irregular por parte dos alcaldes. 

O prezo da enerxía constituía un problema social e o Ministerio da Gobernación do Estado enviou unha circular telegráfica ao Gobernador Civil da Coruña o 23 de maio demandando a rebaixa das tarifas da luz. No documento especifica que as tarifas están aprobadas e regularizadas polo “reglamento de verificaciones eléctricas de 5 de diciembre de 1933” polo que “non poden ser modificadas arbitrariamente en perxuicio da economía nacional“.

Como destaca Arquivo do Reino de Galicia en Facebook, o gobernador deixou constancia a Madrid do cumprimento do mandato, pero “deixando constancia de que ignoraba que na súa provincia se dese esa situación de abuso” por parte dos alcaldes.

Pode que che interese...