fbpx

Antonio Soto, o galego que liderou a Patagonia Rebelde

Tempo de lectura: 2 min.

Antonio Soto era natural de Ferrol, pero con só 17 anos cruzou o Atlántico cruzou o Atlántico rumbo Arxentina, como fixeron moitos outros galegos, co obxectivo de ter unha vida mellor. Porén, o seu camiño nas terras da Patagonia foi diferente, pois liderou folgas rurais como secretario gremial da produción de lá para exportación.

Era o ano 1918 cando Antonio Soto se aliñou ao sector bolchevique, nun contexto no que as condicións laborais que vivían campesiños e inmigrantes se aproximaban á escravitude. Xornadas laborais de entre 12 e 16 horas con media hora para comer e pequenas habitacións con liteiras pechadas pola noite para evitar que os traballadores escapasen eran algunhas das condicións que soportaban. Mentres tanto, as riquezas recaían nuns poucos donos, propietarios de millóns de hectáreas, como é o caso da familia Menéndez e Braun.

As condicións nas que vivían e a recente Revolución Rusa de 1917 animaron aos obreiros a loitar contra as inxustizas. Así, comezan a formarse os sindicatos obrerios anarquistas e é no 1020 cando nace a primeira folga liderada polo ferrolán. As peticións dos obreiros foron aceptadas e fírmase así o primeiro convenio rural na historia da Patagonia, cuxas esixencias, a pesar de seren mínimas, non se cumpriron.

Na historia das folgas rurais do sur de Arxentina tamén aparece o nome doutro galego, Antonio París, membro da Asociación Obreira e cociñeiro no Hotel Español de Bos Aires. Foi este galego quen se negou a servir a cena a Manuel Fernández, socio da familia Menéndez, unha das familias propietarias dos campos de algodón. Ante isto, a policía clausurou o local e encarcerou a Antonio París.

Comeza entón a segunda folga xeral, que se estendeu por todo o territorio da Patagonia, na que foron fusilados arredor de 1500 obreiros. Para entón, o galego Antonio Soto ponse ao fronte dos grupos revolucionarios, mais finalmente, ante a falta de apoio dos seus compañeiros para continuar coa folga, fuxe a Chile, onde abriu un restaurante, fundou o Centro Español da Rexión de Magallanes, o Centro Galego Chileno e a primeira filial da Cruz Vermella. A súa fuxida permitiulle non vivir a mesma sorte que os compañeiros que se renderon, que foron fusilados.

Antonio Soto foi parte da historia de Arxentina, e as folgas que el mesmo liderou inspiraron literatura e cinema en obras como “A Patagonia Rebelde”, de Osvaldo Bayer e a película homónima. Máis información en El Correo Gallego.

 

Pode que che interese...