fbpx

E seguen aparecendo castros en Galicia: Láncara suma un máis ao seu rexistro

Tempo de lectura: < 1 min.

O Castro de Ariz, localizado no 2019, acaba de ser incluído no Plan Básico Autonómico. Trátase dun recinto castrexo que foi documentado por primeira vez polo colectivo Patrimonio dos Ancares, en decembro do 2019. Agora, unha vez inventariado pola administración autonómica, tamén poderá pasar a ser parte do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

O Castro atópase en Ariz, na parroquia luguesa de A Pobra de San Xiao (Concello de Láncara), e ten unha antigüidade duns 2.000 anos. Conta cunha superficie duns 82 por 73 metros e a unha altura de 449 metros.

Segundo Patrimonio dos Ancares, atópase nunhas condicións de conservación boas. Sitúase nun pequeno outeiro e ten unha muralla que nalgúns tramos alcanza os 3 metros de altura, aínda que no tramo oeste perdeu esta construción de defensa. Tamén conta cun foso que rodea o complexo e que chega a alcanzar os oito metros de ancho.

Con este, xa é o segundo castro que rexistrado en Ariz. Porén, sorprende que non fose ata o 2019 cando se catalogou este conxunto arqueolóxico, pois o lugar no que foi atopado coñécese como O Castro da Devesa. Máis información en El Progreso.

Pode que che interese...