fbpx

O Campus de Ourense afonda na difusión social da historia, a arte e a arqueoloxía a través de cursos de verán

Tempo de lectura: < 1 min.

Baixo o título Historia, arte e arqueoloxía: ferramentas para o seu coñecemento e difusión social, a Universidade de Vigo ofreceu un curso para afondar nos modelos de abordar e divulgar o pasado.

“É un curso interdisciplinar no que se vai falar de arte, de arqueoloxía e de historia e de como o profesorado da Universidade emprega diferentes métodos de investigación para estudar o pasado”, a profesora da Facultade de historia da Universidade de Vigo e directora da actividade, Carmen Pérez Maestro.

Dende o mércores 13 de xullo ata o sábado 16, o Campus de Ourense acolleu catro xornadas nas que se trataron temas como a represión cara as mulleres no franquismo, a achega das listas de embarque do porto de Vigo ao estudo da emigración galega a Venezuela, os rituais en honra a Artemis na Grecia clásica, a arte rupestre ou a pegada do mestre Mateo en Ourense.

O curso consistiu en dúas sesións teóricas e dúas visitas a diferentes espazos da zona da Limia relacionadas coas temáticas abordadas, unhas xornadas nas que participaron un total de 28 persoas. Destacou dentro da programación o obradoiro de fiado e tinguido que, baixo o guiado de Manuel García, permitiu abordar o tema da recreación histórica como medio de divulgación.

O curso, que rematou cun percorrido polo Couto Mixto e a súa historia, polo Castelo da Piconha e pola aldea de Pena da man de Juan Galiña e Eduardo Breogán Nieto. Ademais, participaron tamén outros profesionais da historia, da arte e da arquitectura na impartindo diferentes conferencias e actividades, como Tania Pérez, Ramón Campos, Susana Reboreda, Julio Parada, Beatriz Comendador, Joao Fonte, Carmen Pérez, Victoriano Nodar, Lucía Rodríguez, Emmanuelle Meunier. Máis información na web da Universidade de Vigo.

Pode que che interese...