Queres coñecer Vilarxubín, unha das poucas aldeas tradicionais que aínda quedan en Galicia?
Rutas de Historia viaxa esta fin de semana á Pontenova, concretamente, á aldea de Vilarxubín, un pobo etnográfico ancorado no tempo e que resume boa parte da historia rural de Galicia.
A ruta que guía o presidente de Mariña Patrimonio, Manuel Miranda, comeza en Sanxés, onde hai unha serie de esculturas de madeira talladas por un veciño do lugar, Manuel Marqués. Despois de atravesar esta aldea, os participarantes baixaránp olas fragas de Sanxés e de Teixido ata chegar ao mirador de “Pena do Castelo”. Alí, os e as máis aventureiras poderán acercarse ata unha fermosa seimeira –como lle chaman na zona ás fervenzas– que se atopa nas proximidades.
O camiño remata en Vilarxubín, esta fermosa aldea perdida no medio dunha fraga e que, entre outros elementos de gran interese etnográfico e arquitectónico, ten a particularidade de que cada casa conta con dous hórreos: un rectangular, de estilo mariñao e o outro cadrado, coma os da montaña luguesa. Quen queira apuntarse aínda está a tempo de facelo aquí.