fbpx
Folga en Vigo | Fotograma documental - Vigo 1972 - Roi Cagiao (2017)
Folga en Vigo | Fotograma documental - Vigo 1972 - Roi Cagiao (2017)

Vigo 1972: cando a solidariedade obreira fixo tremer o franquismo

Tempo de lectura: < 1 min.

O despedimento dun grupo de traballadores da Citroën en Vigo foi a faisca que prendeu o lume en Vigo en setembro de 1972. Paros en fábricas, estaleiros, auxiliares e outras empresas paralizaron a cidade olívica. O recurso á violencia foi o sistema da ditadura franquista para que aquel movemento non chegase a outros lugares do Estado. Cincuenta anos despois segue sendo necesario lembrar.

A cousa xa estaba quente de meses atrás. En Ferrol dous traballadores da Bazán (agora Navantia) morren por disparos da policía cando esta disolvía a manifestación en que se implicaran para reclamar a reincorporación doutros dous traballadores despedidos e ademais, reclamaban un convenio laboral propio para o estaleiro. Isto ocorreu o 10 de marzo de 1972, quedaban aínda tres anos de franquismo con Franco. Namentres, durante o espazo de tempo entre marzo e setembro dese ano, os movementos sindicais clandestinos comezaron a moverse reclamando melloras laborais de todo tipo e tamén a fin da ditadura. E de súpeto, un 11 de setembro comezou a marcha desde as portas da Citroen pedindo a traballadores e traballadoras doutras empresas que se unisen nun paro xeralizado en toda a cidade. Houbo unha resposta case que unánime desde os sectores obreiros, mais tamén unha forte resposta represiva por parte das forzas policiais enviadas para disolver as manifestacións e procurar a detención de líderes sindicais. 

Artigo completo en XORNAL DE VIGO

Pode que che interese...