fbpx
Un raio esnaquizou o campanario da igrexa de Santa María de Fecha, en Santiago / remitida

Así quedou unha igrexa de Santiago tras o impacto dun raio

Tempo de lectura: < 1 min.

Os máis de 500 raios que cairon ao longo do mércores e a madrugada do xoves na provincia da Coruña tiveron consecuencias. A igrexa de Santa Cristina de Fecha, en Santiago, amencía con boa parte da espadaña do campanario e do tellado totalmente esnaquizados. Froito do impacto do raio, queimouse o cadro eléctrico e boa parte das pedras do campanario caeron ao adro da igrexa e sobre o tellado.

É o segundo grande impacto dun raio sobre unha igrexa da contorna de Santiago en menos dun ano. En decembro do ano pasado, outro lóstrego esnaquizaba o campanario da igrexa de Santa María de Teo.