fbpx
Castelo de San Felipe en Ferrol / foto Turismo de Galicia

Así se foi configurando a paisaxe fortificada da ría de Ferrol

Tempo de lectura: 2 min.

O sábado 29 de outubro o Centro Torrente Ballester de Ferrol acolle o I Congreso ‘Paisaxes fortificadas de Ferrolterra: investigación e posta en valor’, un simposio que busca revalorizar o patrimonio arquitectónico militar da zona, construcións que datan nalgúns casos do século XVI e edificacións erixidas entre os séculos XIX e XX que na actualidade se atopan no proceso de transformación nun recurso patrimonial e turístico.

O programa

A primeira intervención (todas elas de 30 minutos), ás 10.45 horas, correrá a cargo do escritor, arquitecto e divulgador Pedro Torrijos, baixo o título ‘Arquitectura en el umbral’. Ás 11.15 horas é a quenda do arqueólogo subacuático, David Fernández Abella, ‘Unha ollada ao Patrimonio Cultural Subacuático da ría de Ferrol’. A terceira intervención da mañá, ás 12.15 horas, será a da profesora da Universidade do Minho, Rebeca Blanco, cuxo relatorioleva por título ‘Entre augas: a construción da paisaxe fortificada da ría de Ferrol na Idade Moderna’. E clausura a quenda matinal o profesor de Historia Contemporánea da USC, Emilio Grandío, con ‘A guerra presente: as Rías Altas como fronteira de conflito na II Guerra Mundial’.

Durante a tarde, a documentalista especializada en arquitectura militar, Carmen Perales, disertará arredor de ‘A documentación histórica sobre as fortificacións das Rías Altas: localización, accesibilidade e difusión’, ás 17 horas; e seguirá ás 17.30 a charla de Patricia Suárez ‘As fortificacións
costeiras da Idade Moderna en Asturias: un patrimonio cultural esquecido’. O último relatorio da tarde, ás 18 horas, será o protagonizado por Juan Antonio Rico, profesor na UOC, que afondará na xestión e posta en valor dos campos de batalla do mundo coa intervención ‘A xestión da arquitectura defensiva: modelos e escalas’. Tanto a quenda de mañá coma a da tarde, pecharanse con cadansúa mesa redonda, un espazo de reflexión para a investigación e posta en valor deste singular recurso patrimonial.

Pode que che interese...