fbpx
Nobre xurando lealdade aos Reis Católicos cos que comezou a coñecida como "doma del reyno de Galicia" / pintura

Coñece os dez novos nomes da nobreza do antigo Reino de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

A vella nobreza galega segue viva ou, cando menos, faise presente en reunións anuais nas que vai incorporando algúns novos adeptos, aínda que a maioría deles xa non residen en Galicia.

Este sábado, o Cuerpo de la Nobleza del Antigo Reino de Galicia volveu xuntarse tras dous anos sen facelo pola pandemia. O motivo, dar a benvida aos seus novos cabaleiros e damas asociados. O ceremonioso acto tivo lugar na igrexa de San Paio de Antealtares, en Santiago de Compostela.

Nesta ocasión foron dez os e as nobres que prestaron xuramento ao Corpo e, posteriormente, recibiron a insignia que os recoñece como cabaleiros e damas de mans do presidente do colectivo, Ignacio Pérez-Blanco y Pernas.

Os novos integrantes son Javier Solano Rodríguez-Losada, marqués de la Solana; Camilo José Cela y Conde, marqués de Iria Flavia; Mª Paz Casamayor y Gómez, marquesa de Casa-Pardiñas; José Calvo-Sotelo y Olry de Labry, duque de Calvo Sotelo; Ángel Luis de Donesteve y Garra, vizconde de Pegullal; Mª Teresa Velázquez-Gaztelu y Bárcena, vizcondesa de Pegullal; Mª Teresa de Donesteve y Velázquez-Gaztelu; Elena Fernández de Córdoba y Ordeig; Mª del Carmen Bárcena y Varela de Limia; e Jorge Rodríguez-Zapata y Pérez. Vía El Correo Gallego.

Pode que che interese...