Os sambenitos dos conversos xudeus en Tui, da estigmatización á protección
Todos os grupos do Parlamento de Galicia uníronse para pedir á Xunta que inicie os trámites para determinar se os sambenitos da catedral de Tui son merecedores de ser considerados Ben de Interese Cultural (BIC). A iniciativa presentada polo PPdeG foi aprobada por unanimidade durante a Comisión de Cultura, celebrada este venres na Cámara autonómica.
Os sambenitos son pezas que nos anos da Inquisicón impúñanse aos condenados por practicar o xudaísmo. Na catedral tudense consérvanse cinco lenzos deste tipo, nos que aparece unha cruz de San Andrés, o nome da persoa, o ano do proceso e a acusación.
A petición do Parlamento é que a Xunta active os estudos para determinar se esta colección posúe valor singular, previo paso ao comezo da súa tramitación para a súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC). Toda a información no Xornal de Vigo.