fbpx
Figura dun porco dun castro galego / Museo Arqueolóxico de Ourense

Que teñen en común estatuas de guerreiros, trísqueles e figuras de simios e porcos dos castros galegos?

Tempo de lectura: < 1 min.

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou estes días a exposición ‘Plástica castrexa’, un percorrido por 75 pezas da arte e os motivos decorativos en pedra da Idade do Ferro e da primeira romanización e que proceden de castros da provincia ourensá como Armea (Allariz), Castromao (Celanova), Rubiá (Bande) ou Outeiro de Baltar (Baltar).

Na mostra destacan as imaxes dos guerreiros galaicos, como os de Armea, e cabezas hoxe exentas que poden estar relacionadas con ese mundo de representación, e da que a máis coñecida é a do guerreiro de Rubiá (Bande). Entre a máis curiosa e enigmática está a cabeza de Armea que conta cunha cavidade superior destinada a acoller líquidos ou obxectos.

Guerreiro castrexo Sedente / Museo Arqueolóxico de Ourense

Tamén salientan as hexapétalas, trísceles, entrelazados e motivos serpentiformes que se enlazan e se cruzan, localizados nos derrubes de vivendas e casas. Algunha das pezas conservan aínda parte da súa policromía orixinal o que indica unha rica decoración á beira das casas con vivas cores vermellas e lapislázulis.

A exposición remata con pezas ben interesantes e raras de ver nun castro como amarradoiros, representacións dun carneiro e un cocho moi naturalista, de funcionalidade aínda moi discutiva, ou o misterioso simio, de traza enormemente naturalista, localizado no castro de Castromao.

Pode que che interese...