Que oculta o “labirinto” dos 18 séculos de Adro Vello?
Este sábado presentáronse no Grove os resultados da última campaña arqueolóxica no xacemento de Adro Vello. O proxecto documentou e interpretou o labirinto de estruturas que se atopan neste sitio arqueolóxico no que convive unha igrexa, unha necrópole e unha fábrica de salga romana, entre outros elementos.
En total, os arqueólogos documentaron 65 muros e 106 sepulturas. Púidose recuperar información sobre a antiga fábrica de salga de época romana, unha importante mostra de peixe, fragmentos de pintura mural, muros de contención, datos sobre un gran complexo medieval eclesiástico ou estruturas dunha antiga igrexa, capelas e un campanario.
Convocados pola asociación cultural Barlovento, a intervención contou coa participación de Adolfo Fernández, a conservadora Marta lago, a antropóloga Olalla López Costas ou o xeólogo Jorge Sanjurjo, e abordáronse os problemas de conservación e as alternativas para a súa preservación e posta en valor. Toda a info Xunta.gal