fbpx
O antigo poboado mineiro de Fontao nos anos 50

A historia do poboado de Fontao, o pobo que creceu e morreu polo “ouro negro”

Tempo de lectura: 3 min.

Saioa Sánchez Montoto

No concello de Vila de Cruces, a mediados do século XIX, Henry Winter Burbury impulsou a actividade mineira. O mineral que explotaba era o wolframio, un pesado “ouro negro” co que se fai material bélico. Durante a Primeira Guerra Mundial podíase vender unha libra (575 gramos) de wolframio a sete pesetas e media. Cando a guerra terminou o prezo caeu a unha peseta e media, polo que en 1921 a actividade suspendeuse. Porén en 1927 a mina foi adquirida polos galos e naceu a “Société des Étains de Silleda”. O principal mineral a explotar entón era o estaño. Mais en 1932, despois da Gran Depresión, a actividade paralizouse de novo. De calquer xeito, a parte máis interesante da historia desta mina aínda non comenzara.

Dous anos máis tarde, en 1934, Franco expropiou a mina aos franceses e recuperou a actividade de extracción de wolframio durante a guerra civil. Logo, durante a Segunda Guerra Mundial, as minas foron controladas polos alemáns co favor de Franco. Durante este tempo o wolframio extraído era levado aos portos de Vigo e Ferrol para ser transportado ata a Alemania nazi en submarino. Es eses tempos chegaronse a pagar 57,50 pesetas por libra de wolframio.

Sinais de perigo na antiga mina do Poboado de Fontao, en Vila de Cruces / Saioa Sánchez

Eran tempos de fame e miseria na comarca e isto foi unha revolución. Fora deste entorno, a maioría da xente tiña unha economía de subsistencia no mellor dos casos. Por ese motivo este recunchiño de Galicia encheuse de todo tipo de persoas: aventureiros, empresarios, enxeñeiros e tamén espías. Nos mellores tempos das minas, chegou a haber 6.000 traballadores na zona, dos que 3.000 traballaban nas labores de extracción. Destes traballadores, 800 eran presos políticos asturianos, elexidos polos seus coñecementos da minería. A cambio de traballar nas minas, as suas penas diminuían. As mulleres non tiñan permitido traballar nas galerías, porén traballaban facendo tarefas de selección e limpeza do mineral ou cociñando para os traballadores da empresa a cambio dunha peseta ao día.

Case unha cidade na Galicia interior

Así foi como nesta pequena e illada parte de Vila de Cruces houbo 4 salas de cine, unha dela con 350 butacas que era de balde as fins de semana, 3 salóns de baile, unha sala de primeiros auxilios con 4 camas e practicante, un grupo escolar para nenos e nenas e unha nova igrexa. A xente xogaba ao fútbol no Minas Club de Fútbol, do mesmo xeito xogaban as cartas e facían apostas fortes. Na zona tamén houbo 60 tabernas, onde os clientes non pedían unha copa, se non que pedían por botella.

Moitos dos traballadores intentaban sacar un pouco do mineral escondido na roupa para revendelo, pero isto era unha tarefa sumamente difícil porque a área estaba intensamente vixilada pola guardia civil.

Antiga casa da zona mineira do poboado de Fontao, en Vila de Cruces, abandonada / Saioa Sánchez

Decadencia

Tras a Segunda Guerra Mundial, as minas da brea seguiron coa sua actividade suministrando wolframio pola guerra de Corea nos anos 50. Durante este tempo, construiuse o poboado mineiro de Fontao para os traballadores. Co fin da guerra de Corea, a explotación mineira terminou por cerrar e os traballadores emigraron ata que finalmente, no ano 1974, o poboado mineiro de Fontao quedou totalmente deshabitado.

Hoxe en día, todo aquilo é coma un pequeno museo, especialmente tras a rehabilitación de parte do antigo poboado mineiro. Con todo, aínda queda o outro Fontao esquencido. Hai sinais advertindo do perigo de entrar na zona e casas en ruinas no medio do monte, pero iso non impide imaxinar a trafega e balbordo que na primeira parte do século pasado causou a febre do “ouro negro” no que agora é maleza e monte. Unha zona esquencida na que un día os espías trataban de descubrir cando sairía a carga e a xente da zona tentaba sacar uns gramos de mineral clandestinamente para aforrar uns pesos.

Casa mineira de Fontao, en Vila de Cruces, un dos principais centros exportadores de wolframinio durante os anos 40 e 50

Pode que che interese...