fbpx
Recreación dun caudillo viquingo / legadohistoria.blogspot.com.es/

“Unha vida viquinga’, a exposición que amosará outra ollada da vida dos “Northmen”

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta de Galicia vén de pechar acordos de colaboración con Museos Nacionais de Historia e Arqueoloxía de Suecia, Dinamarca, Francia e España para a organización da mostra internacional Unha vida viquinga, que exhibirá no Museo Centro Gaiás máis dun centenar de pezas vencelladas coa cultura viquinga, a meirande parte nunca antes amosadas en España.

Este ambicioso proxecto realizase da man de institucións como o Museo Nacional de Historia de Suecia e o Museo Nacional de Dinamarca —ambos con coleccións de referencia da Idade Viquinga—, os Museos Arqueolóxicos Nacionais de Francia e España ou a Biblioteca Nacional de España, entre outros.

O titular de Cultura do Goberno remarcou que, ademais de ser unha das exposicións máis completas e detalladas sobre a cultura viquinga organizadas ata o momento en España, “esta é unha mostra que fala tanto da forxa da identidade galega como do espírito europeo, e que reflicte como esta civilización se espallou polo continente e deixou a súa pegada en Galicia, deixando vestixios no noso patrimonio material e inmaterial, especialmente en zonas como a ría de Arousa ou a ribeira do Ulla”.

Enfoque diferente

Pola súa banda, a comisaria da mostra, a doutora en Estudos Escandinavos e especialista de referencia na Idade Viquinga, Irene García Losquiño, explicou que o discurso expositivo de Unha vida viquinga “pretende ir máis alá dos estereotipos do imaxinario popular sobre este pobo, amosando o seu día a día e, dentro dun modelo de presentación da historia diferente, achegándose á vida tanto de homes como de mulleres, e destacando facetas como a participación de muller en campañas guerreiras e de exploración e tamén a organización da vida diaria”.

Unha vida viquinga poderá visitarse, con entrada libre e de balde, entre xullo de 2024 e xaneiro de 2025 no Museo Centro Gaiás.

Pode que che interese...