fbpx
Vista da ría de Arousa / campingriadearosa.com

Inaugurado un roteiro no Salnés inspirado na viaxe do Pai Sarmiento

Tempo de lectura: < 1 min.

A Ruta do Pai Sarmiento é un itinerario que recupera o trazado realizado por Martín Sarmiento en 1745 na zona do Salnés e que quedou plasmada no seu libro “Viaxe a Galicia”.Este percurso, que comeza en Combarro e termina en Carril, discorre polos municipios de Poio, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Cambados, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa e Vilagarcía. Reproduce a viaxe que realizou o Pai Sarmiento fai tres séculos, en Ano Santo, cara a Santiago de Compostela e que lle levou a percorrer os municipios mencionados, deixando constancia escrita desta peregrinaxe.

O lanzamento deste novo produto turístico é froito da colaboración interadministrativa que se plasmou no convenio de colaboración asinado recentemente entre a Mancomunidade do Salnés e Turismo de Galicia e que ten como obxectivo impulsar a realización de actividades de promoción do turismo neste destino galego.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quixo destacar o valor engadido desta actividade como un motivo máis para visitar O Salnés, unha comarca chea de posibilidades turísticas xa que conta con museos, praias de recoñecida calidade, oferta gastronómica, xacementos ou espazos singulares como o Complexo Intermareal Umia-Grove.

A directora de Turismo explicou que desexa que esta ruta se converta nun gran reclamo, unha nova alternativa de lecer e de atracción turística tanto cultural como espiritual, xa que ademais compleméntase con outras rutas de sendeirismo do territorio como a Variante Espiritual do Camiño.

Pode que che interese...