fbpx
Unha das visitas que o Colectivo A Rula realizou aos petróglifos de Villestro (Compostela) / A Rula

Visita nocturna para desfrutar dos petróglifos

Tempo de lectura: < 1 min.

O Colectivo A Rula organiza un novo roteiro nocturno pola devesa da Rula para amosar as estacións de petróglifos que existen en Villestro (Compostela) o vindeiro sábado 9 de xullo.

“Será unha nova noite de estrelas e petróglifos na compaña de todos aqueles que procuredes novas experiencias. Non será unha xeira máis, pois guiarémosvos por novos recunchos máxicos que agocha o interior desta paraxe na portela do val do rego de Roxos”, apuntan desde esta entidade.

O percorrido e a distancia será similar ó doutras ocasións, arredor de 5 quilómetros. Por razóns técnicas e de seguridade só se pode convidar a un pequeno grupo de 30 persoas. “Mais prometemos repetir as veces que sexa preciso para seguir desvelando eses segredos dunhas laxes aínda por descubrir”, puntualizan. Para participar nesta actividade hai que remitir un correo a colectivoarula@gmail.com

Escrito por

Xornalista, profesor da USC e coordinador do HdG.

Pode que che interese...