Grupo de birrios voando / SEO

Modifican a restauración dunha igrexa para salvar niños dunha especie protexida

O Consorcio de Santiago reordenará as obras da igrexa de San Francisco para protexer uns birrios que aniñaron nela, catalogados como especie protexida, e que nestas datas se atopan en fase de reprodución.

Así, o Consorcio xa se puxo en contacto coa Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO BirdLife) para solicitar información ao respecto. Co fin de protexer os birrios, as estadas das zonas onde habitan colocaranse dentro de dous ou tres semanas “sen necesidade de parar as obras en curso”.

En concreto, estas actuacións centraranse nas fachadas sur e oeste da igrexa que, ao carecer de caneiros, presentan problemas derivados dos efectos da chuvia. Ademais, recolocaranse as tellas no tellado para evitar as filtracións pluviais e levarase a cabo o saneamento das fachadas.

Tamén se instalarán un caneiro e baixantes de cobre que conduzan a auga da cuberta á rede, procurando afectar o menos posible á imaxe das fachadas da igrexa. Finalmente, limparase a pedra dos cercos das ventás.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: