Claustro da portería do mosteiro de Montederramo, coñecido como claustro dos medallóns / wikipedia

As inmobiliarias venden parte dun dos grandes mosteiros de Galicia

Tempo de lectura: 4 min.

“Singular vivienda en venta ubicada en el monasterio cisterciense de Santa María de Montederramo, (monumento nacional desde 1951), que tras la desamortización de Mendizábal fue vendido a particulares, y pertenece a los propietarios actuales desde hace 3 generaciones. Consta de 3 partes, diferenciadas e independientes”. Así  comeza o portal inmobiliario idealista.com a descripción dun dos BIC máis importantes da provincia de Ourense que está á venda.

240.000 euros por 400 metros cuadrados. Iso é o que pide este portal inmobiliario pola venda dunha vivenda, un baixo industrial e un almacén que se ubican nese mosteiro, onde hai outras vivendas e baixos comerciais. Non é o único, en habitalia.com baixan o prezo case un terzo, ata os 150.000 euros. E todo, nun dos grandes mosteiros galegos cunha igrexa, cuxa fachada, é un dos principais exemplos do estilo herreriano en Galicia. Santa María de Montederramo, beneditino e logo da orde do Císter, foi posiblemente fundado no século X e chegou a se converter nun dos mosteiros de maior poderío económico e social ata a desamortización.

Precisamente, foi a desamortización o que provocou a súa división actual e que a maior parte do cenobio pasara a mans privadas, veciños do pobo. Pero unha desas partes está á venda. Trátase dun baixo industrial, unha vivenda e un almacén. O baixo adicouse a panadaría, hoxe pechada, e que en vida dos monxes era a botica monacal. Dispón duns 150 m2 e a estrutura dos seus muros de pedra e a bóveda de crucería son orixinais, aínda que actualmente atópase parcialmente tapada con escaiola. A este local accédese desde o coñecido como claustro dos medallóns, de estilo renacentista, mediante 2 portas de madeira e dispón de 2 xanelas ao exterior.

A vivenda, que ocupa todo a á sur do citado claustro e esténdese até a fachada principal que dá á praza do mosteiro, posúe 200 m2. Ten entrada pola praza e a través do claustro, por unha fermosa escalinata de pedra. Por dentro están as distintas habitacións, cociña, baños, salóns e dormitorios, nos que actualmente non se reside.

Claustro dos medallóns, no mosteiro de Montederramo, cuxa parte superior e inferior están á venda / wikipedia

Entre a praza e o claustro existe un arco de acceso no cal se atopa tamén un pequeno almacén, sen xanelas, duns 30 m2, onde se sitúa o depósito de gasóleo para a calefacción da vivenda. “Evidentemente es un bien de interés cultural y Patrimonio tiene derecho de tanteo y retracto ante su venta”, avisa o portal inmobiliario na descripción do mosteiro.

Hospedería e restaurante

Con todo aconsella xa posibles utilidades. “Al tratarse de un zona de gran potencial turístico, su destino ideal sería una hospedería, con establecimiento de restauración abajo y dependencias arriba, una vez realizadas las reformas pertinentes”, indica.

Precisamente, nunha das dependencias do mosteiro existe xa un restaurante propiedade da muller do alcalde, o popular Antonio Rodríguez, e noutra, outra vivenda habitada. Ademais, no mosteiro existíu tamén unha escola e as dependencias do cura párroco da localidade. E é que a metade do mosteiro pertence  á Xunta e a outra metade, a seis familias do concello.

A parte que está á venda é dunha destas familias cuxos antepasados mercaron a propiedade xusto despois da desamortización. Viviron nela ata o 2010, cando decidiron poñela á venda. Antes puxéronse en contacto coa Xunta de Manuel Fraga para tentar vendelo, pero non se chegou a un acordo. Por iso decidiron acudir a portais inmobiliarios especializados, aínda que, polo momento, non houbo comprador.

Pola súa consideración de Ben de Interese Cultural, o mosteiro está sometido a un réxime especial de protección. O Concello impulsa un Plan Director para relanzar o cenobio, aínda que limitarase a actuar nas partes máis ruinosas, á espera de axudas ou de intervencións doutras administracións.

O mosteiro

Fachada da igrexa do mosteiro de Montederramo / wikipedia

O mosteiro de Montederramo foi fundado no século X nun lugar distinto ao que ocupa na actualidade, no lugar de Seoane Vello, pese a que deste feito non existen probas documentais. Pola contra, si existen noticias do seu funcionamento ata mediados do século XII, e noméase como mosteiro de San Xoán de Seoane Vello, ou simplemente San Xoán Vello, e como pertencente á orde beneditina.

Segundo consta nun documento asinado en Allariz de 27 de agosto de 1124 foi refundado por Tareixa de Portugal. Neste documento rexistrase por vez primeira a denominación Rivoira Sacrata.

No ano 1153 pasa á orde do Císter e procedese á construción dun novo mosteiro que xa denominarían como de Santa María de Montederramo. Durante o século XII téñense documentadas numerosas doazóns reais. No ano 1163 o abade don Sancho recibiu unha bula do papa Alexandre III no que acolle ao mosteiro baixo a súa protección e amparo. A partir de entón as pugnas co bispo de Ourense van ser frecuentes.

No ano 1415 o papa Bieito XIII expediu unha bula reducindo a priorato o mosteiro de Xunqueira de Espadañedo, filial do de Montederramo, e a finais do século XV o mosteiro fixo a súa última grande adquisición o mosteiro de Santa María de Castro de Rei.

O mosteiro tamén foi centro de ensino. No ano 1582 estableceuse no mosteiro un Colexio de Artes e Filosofía, converténdose na Casa Central de Estudios da Orde Cisterciense.

 

Fontes:propia, wikipedia, Faro de Vigo

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

3 Respostas

  1. 18 Xaneiro 2017

    […] e o almacén, sitos nese mosteiro e que están á venda en destacadas inmobiliarias de España tal e como publicou este medio. “Non existe comunicación oficial da venda por parte do propietario a esta dirección xeral, nin […]

  2. 1 Agosto 2017

    […] “Singular vivienda en venta ubicada en el monasterio cisterciense de Santa María de Montederramo, (monumento nacional desde 1951), que tras la desamortización de Mendizábal fue vendido a particulares, y pertenece a los propietarios actuales desde hace 3 generaciones. Consta de 3 partes, diferenciadas e independientes”. Así recolle o portal inmobiliario idealista.com a descripción dun dos BIC máis importantes da provincia de Ourense que está á venda e do que xa deu conta esta web. […]

  3. 20 Decembro 2017

    […] Un castelo do século XVIII á beira do mar por tres millóns de euros; pazos históricos entre 225.000 e 2.750.000 euros; casas señoriais entre 86.000 e 1.500.000 euros; ou aldeas abandonadas, a prezo de saldo, entre 160.000 e 312.000 euros… Unha importante parte do patrimonio galego está en venda en Internet, na procura de propietarios que se fagan cargo de auténticas xoais que se están a converter nun reclamo para investidores estranxeiros. Historia de Galicia xa abordara hai uns meses a venda de mosteiros galegos como podes ver nesta reportaxe. […]

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: