fbpx
A Plataforma Salvemos A Fracha marcou o trazado da A-57/ Salvemos A Fracha

O cemento e o asfalto poñen en perigo toda unha serra

Tempo de lectura: 3 min.

O colectivo “Salvemos A Fracha” leva tempo denunciando o impacto que supón a a construción da autovía A-57 nunha fermosa serra de Pontevedra que está tomada por camións e escavadoras. Por iso, lamenta que se siga apostando polas políticas do “asfalto sen motivo” e que “mentres un acordo histórico de todos os partidos galegos pide ao Goberno do Estado que transfira a AP-9 para xestionala desde Galicia e poder liberalizarla, os veciños de Marcón presenciana diario como se seguen destinando fondos de todos a un tempo autovía cun trazado paralelo da que non podemos esquecer que foi concibida como alternativa libre de peaxe á AP-9”.

Este é a súa opinión:

“Esnaquizando a Fracha’

As novas sobre infraestruturas non paran de bombardearnos ultimamente. Que si hai que rescatar as radiais de Madrid, que si agora algúns partidos se acordan da necesidade de transferirlle a AP-9 a Galicia, que si seguen os problemas coa néboa na A-8 en Lugo…. A listaxe é longa e cada un dos temas que se vai poñendo de moda non fai senón lembrarnos o importante da nosa loita contra a autovía A-57, esa falsa circunvalación coa que nos agasallou Ana Pastor antes de deixar o Ministerio de Fomento e que desde hai uns meses está a esnaquizar o monte da Fracha.

Obras, obras e máis obras e asfalto sen motivo. Así é a política pola que apostan quen nos gobernan. E en Pontevedra sabemos ben desa aposta por seguir construindo. Mentres un acordo histórico de todos os partidos galegos pide ao Goberno do Estado que se transfira a AP-9 para xestionala desde Galicia e poder liberalizala, os veciños de Marcón presenciamos a diario como se seguen destinando fondos de todos a unha autovía cun trazado paralelo da que non podemos esquecer que foi concebida como a alternativa á AP-9 libre de peaxe.

Activistas da Plataforma Salvemos a Serra de Fracha, que será afectada pola construción da A57 / Galiciaconfidencial

Queren deixar sen peaxe a autoestrada e, ao mesmo tempo, defenden que siga adiante unha vía que fai o mesmo percorrido ou, o que é o mesmo, apostan por duplicar infraestruturas con fondos públicos. Esta política pro asfalto non se entende nunca, pero menos en época de recortes na que vemos como chegan menos fondos a sanidade ou educación, os fondos das pensións baixan e hai familias que perecen secundadas pola pobreza enerxética.

O ecoloxista Xosé Veiras cita un estudio realizado por un equipo internacional de investigadores e publicado polo xornalista The Guardián para soster que Galicia está “entre as zonas do mundo coa súa natureza máis fragmentada por estradas” (https://t.co/dLhudB1zVh). E hai quen quere seguir afondando nesas fracturas cunha autovía innecesaria. Non, non se entende ese desexo de partir en dous núcleos poboacionais por unha vía da que ninguén soubo ata agora demostrar a súa utilidade.

Enténdese aínda moito menos cando a A-57 está recurrida ante a Audiencia Nacional polos informes técnicos cuestionables cos que se tramitou o proxecto nun contexto no que todos somos testemuña das consecuencias de acometer obras con estudos técnicos viciados ou pouco rigurosos. Baste ver o desdobramento de O Pino-Bora en Pontevedra ou a xa mencionada A-8 en Lugo.

Si, somos conscientes de que a resposta cidadá ante este ‘sinsentido’ está contida nos últimos tempos, pero para entender o que ocorre non se pode perder de vista a actuación das administracións públicas, que, en vez de fomentar e estimular a participación pública, limítaa e entorpece o dereito da cidadanía a opinar sobre cuestión que lle afectan directamente. No período de exposición pública por parte de Fomento do proxecto do tramo actual da A-57, moi poucos afectados se enteraron e houbo unha falta absoluta de resposta ás alegacións a DIA presentadas por parte dos vecinos pese ás reiteradas peticións formais e informais dos mesmos ante o Ministerio de Fomento. A insistencia no inicio das obras a pesar de a Audiencia Nacional admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo contra este vial, mostra a total reiteración nesta falta de democracia por parte do Ministerio que semella antepoñer os intereses propios do partido sumido nos procesos electorales do ano 2016 aos da comunidade afectada.

Por que facemos agora esas reflexións? Como non facelas cando día a día o comenzo das obras é un feito palpable. Con lentitude, pero cunhas consecuencias devastadoras, as máquinas forman xa da paisaxe habitual do monte da Fracha e están a esnaquizar a serra dun xeito irreversible cando non hai garantido orzamento para rematar a obra e cando a Audiencia Nacional aínda non se pronunciou. Convivimos con explosións que fan tambalear as bases das nosas casas e a nosa tranquilidade vital, con sereas que perturban o noso descanso, o dos nosos nenos e maiores, para anunciar que chega un novo estruendo deses que están a acabar co rural de Pontevedra tal e como o coñecemos ante a pasividade de gobernos e partidos.

SALVEMOS A FRACHA.

Pode que che interese...