Fusilamento durante a Guerra Civil Española

Palabras incómodas: Democracia e guerra civil en perspectiva histórica

Ese é o título da próxima conferencia que organiza o Grupo Histagra, da Facultade de Historia da USC, e que será impartida por Rafael Cruz Martínez, da Universidade Complutense de Madrid.

Esta charla enmárcase dentro do ciclo Pasados Incómodos do curso 2016-2017 e terá lugar este luns ás 12 horas, na Aula 13 da Facultade de Historia.

Rafael Cruz é profesor de Historia de los Movimientos Sociales na Universidad Complutense. A súa investigación xira ao redor da historia cultural e política da protesta violenta e sen violencia. As súas últimas publicacións: En el nombre del pueblo. República, rebelión y guerra en la España de 1936, Repertorios. La política de enfrentamiento en el siglo XX, Una revolución elegante. España, 1931, e Protestar en España, 1900-2013.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: