As ruinas celtas de Glendalough / Taringal

Que teñen en común o ADN, a lenda de Breogán, os celtas e a conquista galega das Illas Británicas?

Algúns investigadores están convencidos de que as poboacións do Reino Unido e Irlanda proceden de Galicia. E para iso, botan man da lenda de Breogan. A lenda recollida nunha compilación irlandesa do século XI, o ‘Lebor Gabála Érenn‘ -‘Libro de Conquistas’-, narra as diversas invasións que sufriría a illa.

Este manuscrito relata que o rei Breogán construíu na cidade de Brigantia, situada na Península Ibérica -e que os investigadores identifican coa Coruña-, unha torre de altura tal que os seus fillos, Ith e Bile, podían ver unha distante beira verde desde a súa cima. A visión desa afastada terra levounos cara ao norte ata Irlanda, onde Ith sería asasinado. En vinganza, os fillos de Mil, neto de Breogán e sobriño de Ith, navegaron desde Brigantia a Irlanda e conquistárona.

Hai uns días, e tal e como recollía Historia de Galicia, un dos principais xornais escoceses The Nathional destacaba que “hai uns cantos anos, probas de ADN suxerían que os primeiros habitantes de Escocia poderían incluír persoas que chegaron a estas illas desde Galicia”. Pero, a que se refería exactamente este medio?. Existía realmente a lenda de Breogán?.

Imaxe idealizada dos celtas

O ADN galego

Hai uns anos, Bryan Sykes, profesor de xenética humana na Universidade de Oxford, dirixiu o estudo cuxas conclusións están recollidas no libro “Blood of the isles”. Segundo a súa teoría, fai 6.000 anos habitantes que procedían do que hoxe é Galicia terían colonizado Gran Bretaña, o que viría a verificar a lenda de Breogán.

Sykes tería realizado un estudo analizando o ADN de 10.000 británicos que apunta a que os celtas que se converteron na tribo dominante nas illas británicas procedían do noroeste da península Ibérica. Estes habitantes terían desenvolveron embarcacións capaces de cruzar o océano. Aquel territorio xa estaba habitado, pero estas persoas foron asimiladas nunha tribo celta maior.

Segundo este investigador, a pegada xenética máis común nos británicos leva a marca daqueles migradores, moito máis que a das de tribos escandinavas. Isto significa que, ao contrario do que se pensaba, a orixe dos celtas británicos non se acha en Europa central, senón no noroeste da península Ibérica. “Somos descendentes dunha tribo de pescadores ibéricos que cruzaron o Golfo de Biscaia hai 6.000 anos”, apunys o investigador. A análise do ADN dos británicos revela, segundo el, que teñen unha “pegada dixital” de xenética case idéntica á dos habitantes das rexións costeiras do Noroeste de España, cuxos propios antepasados migraron cara ao norte entre o 4.000 e o 5.000 a. C.

Cruz de tipo celta no monte de Santa Tegra, na Guarda / galiciacelta.com

A teoría italina

Outra teoría de investigadores italianos tamén sitúa en Galicia o berce do mundo celta. Mario Alinei e Francesco Benozzo, autores da Teoría da Continuidade Paleolítica, baséanse en factores xenéticos, arqueolóxicos e lingüísticos, e unha das premisas da súa tese está na antigüidade da arte megalítico galega.

Segundo estes investigadores, o noso país era o núcleo orixinal ou “patria”do mundo celta que no Paleolítico estaba formado por unha área compacta (non habería disgregación das illas británicas) que incluía o norte de España, Bretaña, Irlanda e Gales. Basean a súa tese en correspondencias xenéticas, lingüísticas e, sobre todo, arqueolóxicas entre as poboacións desta área. “Galicia non só é céltica, senón protocéltica”, suliñou Benozzo na presentación do seu estudo.

“Existe unha afinidade de tipo arqueolóxico e xenético que demostra que esta era unha área compacta no Paleolítico e Galicia é o núcleo orixinal; a poboación céltica seguiu ao norte e chegou a Irlanda, que se estaba formando como illa”, afirmou o doutor da Universidade de Bolonia e director da revista Studi celtici. A teoría que comparte con Alinei, profesor da Universidade de Utrecht, se retrotrae á época glaciar, que sitúa fai 25.000 a 40.000 anos, en que Galicia estaba habitada esencialmente por pescadores, quen se apostaron na franxa do litoral atlántico “e a principal e indubidable evidencia é arqueolóxica, o megalitismo”.

Desmitificación do mito

Con todo, un dos maiores especialistas en xenética de todo o mundo, o galego Anxo Carracedo ten puntualizado, en varias ocasións, este tipo de investigacións. Durante a conferencia inaugural dunhas xornadas realizadas, precisamente, polo Instituto Galego de Estudos Celtas (IGEG), en 2011, Carracedo suliñou que a xenética só pode pescudar se un pobo ten unha orixe xenética común ou relacionado, polos seus cromosomas ou polo ADN mitocondrial. Desta forma, descartou que a xenética poida confirmar que Galicia é celta ou dar vericidade á lenda de Breogán.

Durante o seu discurso sobre ‘Os movementos de poboación do Noroeste galego á luz da xenética’, Carracedo confirmou que Galicia serviu como refuxio glaciar e que, despois das glaciacións, parte desta poboación desprazouse a Inglaterra e Irlanda.

Pero, a pesar desta afirmación, quixo deixar claro que el, cando se refire aos movementos de poboación, non fala de celtismo, nin de culturas ou linguas, senón de xenética dos pobos. E para analizala, “úsanse marcadores de cromosoma e de ADN mitocondrial”, dixo entón. Unha teoría que ten mantido noutros foros públicos e entrevistas.

Hai teorías que apuntan a que os celtas xurdiron en África /canariastv

O ADN norteafricano

Precisamente, outros estudos, nos que tamén ten participado o propio Carracedo, apuntan a que un de cada cinco galegos -o 20% da poboación- presenta características xenéticas propias da poboación do norte de África, dez puntos por encima da media española. Así o recolle un estudo elaborado pola Universitat Pompeu Fabra de Barcelona e a Universidade de Leicester (Reino Unido), no que colaborou o director do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago.

A investigación -baseada na análise do cromosoma, só presente nos homes e que se transmite de pais a fillos- revela que as persoas con ascendencia norteafricana son máis frecuentes no oeste que na zona oriental da Península. “É sorprendente que Asturias, Galicia ou León teñan unha taxa de similitudes máis alta que zonas como Valencia ou Granada, onde houbo máis presenza de musulmáns”, indicaba unha das investigadoras do estudo, Elena Bosch, na presentación do mesmo. A nivel estatal, Castela e A Mancha é a comunidade con menos ascendencia árabe mentres que Galicia e Baleares lideran este particular ranking.

Para chegar a estas conclusións, os científicos analizaron o cromosoma de 1.140 españois -88 en Galicia- e comparáronos con mostras de cidadáns do Magreb. “As diferenzas entre ambos son claras e, por iso, recoñecer cales teñen orixe africana é sinxelo xa que o cromosoma só varía se se produce unha mutación”, recollía o estudo.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Xornalista, profesor da USC e coordinador do HdG.

Pode que che interese...

  • perceval

    A ver eu podo recoñecer 4 migracións importantes:

    1) unha migración do haplogrupo R1b dos habitantes naturais do oeste de Europa

    2) unha migración procedente do Norte de África, dos construtores de dolmens ao longo da costa occidental de Europa

    3) unha migración dos neolíticos procedentes do Creciente Fértil, a través da Europa continental

    4) una migración de pobos indoeuropeos que trouxeron as linguas indoeuropeas. Trouxeron o carro e o cabalo. A pesar de ser reducido o seu número, impuxéronse rapidamente pola sustitución das clases dominantes nos poboamentos máis importantes dos territorios que dominaban

    • SalidaDelEuro

      R1b fai como duas décadas que se sabe que non e paleolítico.

      …..

      Para os que queiran enterarse de cómo está o estado do arte nestas cuestions deixolles estás conferencias do instituto Max Planck.

      Ancient Human Genomes…Present-Day Europeans – Johannes Krause.

      Mattias Jakobsson- The genomic footprints of Neolithic Europeans.

      Un bo resumen o teñen en:

      Genetic Differences of Modern Europeans | JOHANNES KRAUSE

      Ou esta conferencia de reputados lingüistas, non frikis no internet, refutando, non xa a burrada da continuidade paleolítica, senon o orixen neolítico.

      Ou estas conferencias de científicos de verdade con publicacións revisadas por pares en revistas de prestigio (e non as paridadas de catro colgadas en internet). Nestas conferencias aparecen os máis renombrados no campo a nivel mundial e non din a burradas desta entrada.

      Tracing the Indo-Europeans: http://www.youtube.com/playlist?list=PLAXoDomeFLX90fTHi0W8lYBtEoZHSBH2i

      Xxxxxxxxxxxxxxxx

      (Por favor, non fagan o ridículo de caer nestas magufadas)

      • Bradair

        Típica resposta apelando ao principio de autoridade: MAX PLANCK! Oh, Oh, ben, ben, dame máis… Profesional, moi profesional… Agardo na súa vindeira contestación unha referencia á enciclopedia Álvarez… 😀

        • SalidaDelEuro

          Jajajaja.

          Q burrancan.

          Non sabe nin o mínimo. Nin os chistes.
          O “experto”.

          • Bradair

            Non as pilla nin con nasa de reboleira… 😀
            “Sir”, coñezo “algo” o Max Planck (de certo sorprenderíase ate que punto…).
            Non é nada persoal pero, por favor, non tente facer humor. Vaise mancar, ho. Compre intelixencia e tolerancia para iso e en voce: “not detected”… 😉

          • SalidaDelEuro

            Outro “refrán”

            Mire Sancho Panza, e vostede un ignorante magufo de vergoña allea q non sabe o mínimo. Punto.

          • Bradair

            Ok, “Marhuendiño”, toda “La razón” para ti. Y punto (que diría D. Manuel… 🙂

          • SalidaDelEuro

            Jojojojo

            E agora un retruecano político.

            Pero de donde sairía semellante personaxe infantiloide?

            Pero q?……jojojo

            De non poder creelo

          • Bradair

            Señor, señor, dame paciencia… “Retruecano” (sic)?
            Parabéns, superácheste (e era difícil…).
            De galego xa amostras amplamente que nin idea tes pero é que nin castrapo sabes, meu…
            Ala, a trolear a Mordor, inculto “lisensiado”. Ah, e “Sé fuerte”…

  • SalidaDelEuro

    1) No libro das invasions irlandés falase de “Hispania” e de Míl Espáne, uns tipos de Israel q conquistaron “Hispania” e logo tiraron para o norte.

    A Galicia nin a mencionan.

    E unha historia mítica entre outras miles máis. Relevancia histórica cero.

    2) As teorías magufas de Sykes están completamente refutadas e desacreditadas.

    Basabase en que R1b era paleolítico e non o é. Fai casi dos décadas e centenares de adns analizados do paleolítico e neolítico e non un so R1b atopado.

    Etc, etc

    • Lark in the morning

      Houvo três migraçons importantes em toda a Europa e Ásia ocidental. A primeira trouxo os habitantes do paleolítico, chamados Western Hunter-Gatherers, dos que só sobreviverom até a actualidade os derradeiros em aparecer, originários de ásia ocidental. Depois a migraçom mais importante, a de povoaçons neolíticas originárias dos balcans e anatólia ocidental. Posteriormente, já na idade de Bronze, aparecem povoaçons originárias das estepas russas, possivelmente de língua indoeuropeia, que se imponhem sobre povoaçons autóctones do norte de europa numha proporçom aproximada de 50% indígenas e 50% migrantes. Umha vez estabelecida essa mistura no norte de europa, essas povoaçons migram a centroeuropa e a europa do suloeste e suleste, substituindo às povoaçons prévias de novo numha proporçom do 60% versus 40%. Este é o quadro geral conhecido polo estudo do ADN antigo nos últimos 5 anos. A resultante é que por exemplo as povoaçons do suloeste europeu como ocitanos, espanhois, galego-portugueses ou italianos do norte, apresentam umhas proporçons destes componentes próximas a 20% Paleolítico, 50% neolítico balcánico, 30% das estepas russas.
      Ainda que estes dados nom se publicaram todavia pode-se ler umha introduçom aqui: http://www.lavanguardia.com/lacontra/20170222/42212094430/todos-los-europeos-de-hace-8000-anos-tenian-ojos-azules.html

      Aliás, a mutaçom R1b aparece em ásia, áfrica e europa, nada a ver com celtas, bascos nem demais lérias. E sí, está presente já no paleolítico europeu em itália, ainda que nom é a precursora das povoaçons europeias actuais. Nom se sabe se a mutaçom típica de europa ocidental vem de rússia ou de centroeuropa.

      O impacto de genes norte-africanos em europa é muito mais pequeno do que informa o desinformado artigo, ao redor do 5% ou menos. Ainda nom sabemos de onde venhem essas mutaçons que aqui se chamam “norteafricanas”, mas sabemos que a populaçom do norte de áfrica é de orige caucásica e nom africana. Por exemplo, a mutaçom U6 do ADN mitocondrial considerada durante decénios “norteafricana” é de origem europeia. Alguns cartagineses provavelmente eram em boa parte de origem europeia ocidental https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC4880306/

      As populaçons mais próximas à étnia galego-portuguesa acham-se na frança, e no norte da itália e da espanha. De todos modos existem diferèncias detectáveis entre a nossa étnia e as vizinhas: http://www.ashg.org/2014meeting/abstracts/fulltext/f140122918.htm

      • SalidaDelEuro

        Por fin alguen q di cosas normais e non magufadas delirantes.

        • Bradair

          Precioso “abstract”, sí… Clamas polo “método”, blablablá, nin liches o artigo e xa o das por bo… Moi científico todo, sí… 😀

          • SalidaDelEuro

            Estou por pensar q eres o tipo que perpetrou este artículo no que se fala da “invasión galega das Illas británicas” así a pao seco.

            Eso sí, sin rematar a carrera de historia levando casi 10 anos matriculado e sendo xornalista…. Pero dirixindo unha web supostamente sobre “historia de Galicia” onde se escribe unha magufada tras outra.

            Esas fontes manexadas!!!! Jojojoj

          • Bradair

            Un respetiño á web e aos seus lectores. E acougue e manteña a calma cos ataques persoais: delatan pouco autocontrol e nula intelixencia. Cómprelle lecer e unha tila. Sentido do humor xa nin se lle supón… Ten que ser moi fodido vivir na súa cabeza…

          • Lark in the morning

            Por quê discutir como meninhos? O que eu recolhim é o estado actual de conhecimentos sobre o ADN antigo e as populaçons humanas. As interpretaçons de estudos prévios demonstraram-se erradas. Deveriase ter mais prudência à hora de falar destes temas, ou ao menos ter certa ideia de conceitos básicos de genética de populaçons, como a deriva genética. Há decenas de milhons de variantes genéticas no genoma humano, falar de umha ou duas nom ajuda a comprender nada. Em cantábria o 40% dos homes tenhem UMHA mutaçom cuja frequência é alta nos norteafricanos. Provavelmente essa mutaçom provenha de ásia ocidental. Aliás, o resto de dúzias de milhons de variantes genéticas dos cántabros apontam a umha orige inequívocamente comum à dos europeus. O parentesco dos cántabros nom é maior cos norte-africanos do que com os russos ou persas, como qualquer outro europeu.
            A populaçom galega nom tem muito de especial no contexto europeu, umha espécia de franceses ou suíços no extremo suloeste de europa.
            As correlaçons entre línguas, culturas arqueológicas e patrons de diversidade genética som legítimos sempre que se justifiquem com prudência. Os italianos do norte, franceses e galegos tenhem umha origem comum na cultura do vaso campaniforme, celta, romanizaçom e germanizaçom posterior(francos,lombardos, suabos). Nom surprende logo o estreito parentesco genético.

          • Bradair

            Home, alguén achegando contido con sentidiño e boa escrita nun comentario… Non era sen tempo! Así, sí, sexan benvidas todas as achegas constructivas (e os paila-trolls a rañala a “forocoches”!).

  • Lark in the morning

    Houvo três migraçons importantes em toda a Europa e Ásia ocidental. A primeira trouxo os habitantes do paleolítico, chamados Western Hunter-Gatherers nas publicaçons especializadas, dos que só sobreviverom até a actualidade os derradeiros em aparecer, originários de ásia ocidental. Depois a migraçom mais importante, a de povoaçons neolíticas originárias dos balcans e anatólia ocidental. Posteriormente, já na idade de Bronze, aparecem povoaçons originárias das estepas russas, possivelmente de língua indoeuropeia, que se imponhem sobre povoaçons autóctones do norte de europa numha proporçom aproximada de 50% indígenas e 50% migrantes. Umha vez estabelecida essa mistura no norte de europa, essas povoaçons migram a centroeuropa e a europa do suloeste e suleste, substituindo às povoaçons prévias de novo numha proporçom do 60% versus 40%. Este é o quadro geral conhecido polo estudo do ADN antigo nos últimos 5 anos. A resultante é que por exemplo as povoaçons do suloeste europeu como ocitanos, espanhois, galego-portugueses ou italianos do norte, apresentam umhas proporçons destes componentes próximas a 20% Paleolítico, 50% neolítico balcánico, 30% das estepas russas.
    Ainda que estes dados nom se publicaram todavia pode-se ler umha introduçom aqui: http://www.lavanguardia.com/lacontra/20170222/42212094430/todos-los-europeos-de-hace-8000-anos-tenian-ojos-azules.html

    Aliás, a mutaçom R1b aparece em ásia, áfrica e europa, nada a ver com celtas, bascos nem demais lérias. E sí, está presente já no paleolítico europeu em itália, ainda que nom é a precursora das povoaçons europeias actuais. Nom se sabe se a mutaçom típica de europa ocidental vem de rússia ou de centroeuropa.

    O impacto de genes norte-africanos em europa é muito mais pequeno do que informa o desinformado artigo, ao redor do 5% ou menos. Ainda nom sabemos de onde venhem essas mutaçons que aqui se chamam “norteafricanas”, mas sabemos que a populaçom do norte de áfrica é de orige caucásica e nom africana. Por exemplo, a mutaçom U6 do ADN mitocondrial considerada durante decénios “norteafricana” é de origem europeia. Alguns cartagineses provavelmente eram em boa parte de origem europeia ocidental https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC4880306/

    As populaçons mais próximas à étnia galego-portuguesa acham-se na frança, e no norte da itália e da espanha. De todos modos existem diferèncias detectáveis entre a nossa étnia e as vizinhas: http://www.ashg.org/2014meeting/abstracts/fulltext/f140122918.htm

  • Smugglerdoghrandsole

    Carracedo: Nom se pode emparentar cultura ou lingua com genética. Elena Bosch:Galicia e Baleares lideram ranking da ascendência árabe. —-Supermegaguai!!!—-

  • Miguel Branco

    Unhas puntualizacións.

    Sobre dos autores italianos que afirman que na “época glaciar, que sitúa fai 25.000 a 40.000 anos, en que Galicia estaba habitada esencialmente por pescadores”. Nese período estase dentro dunha transición do último período glacial, antes do Neolítico. O que se está a producir nese momento é a entrada e expansión da especies humana, H. sapiens sapiens (nós, humanos anatomicamente modernos), e re-emprazamento dos (e ás veces emparellamento con) neanderthais (H. neanderthalensis ou H. sapiens neanderthalensis). Co último máximo glacial houbo un retroceso nas poboacións, que migraron cara o sur (á península Ibérica, Italia e os Balcáns) e logo unha expansión cara ao norte hai 14.000 anos desde eses “refuxios”. O que veu despois foi un segundo movementos migratorios importante das estepas do leste (expansións do neolítico, p.ex a de hai 4500, e fundamentalmente masculinas), con centroeuropa como punto de “contacto” e despois como punto de migración importante cara o litoral. (Si, benvidas sexan as novas illas, por certo…)

    + info: http://journals.plos.org/plosone/article?id=10.1371/journal.pone.0032473
    http://journals.plos.org/plosbiology/article?id=10.1371/journal.pbio.1000285

    Sobre da Bretaña, non vexo datos reais que confirmen esas hipóteses. O sur da Inglaterra ten unha poboación con grupos de relativamente “diferenciados”, no sur cunha orixe da Europa continental despois do Mesolítico e con rexións, como o leste, cun maior impacto das migracións anglo-saxonas posteriores. A maior similitude xénica co litoral europero, entendo, é resultante dos patróns gradientes de expansión a longa escala.

    +info: https://www.nature.com/nature/journal/v519/n7543/full/nature14230.html

    • Lark in the morning

      Acho que misturas as migraçons do neolítico, desde os balcans e anatólia ocidental, com as migraçons das estepas russas já na idade dos metais. Aliás nom há muitos dados que permitam afirmar que houvo umha repopulaçom de europa desde as penínsulas do sul em época paleolítica. Ao menos nom no registo genético antigo analisado até o momento. Essa opiniom é prévia aos estudos de ADN antigo dos últimos 5 anos, baseado fundamentalmente em dados de ADN em populaçons modernas que se revelarom insuficientes para conhecer as dinámicas do passado.

  • Pingback: Estudos de ADN tamén sinalan que algúns escoceses e irlandeses teñen orixe norteafricana | Historia de Galicia()

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: