fbpx
Peregrinos / foto jackmac34CC0

O turismo afoga os barrios históricos de Compostela

Tempo de lectura: 2 min.

Un dos grandes problemas de todos os cascos históricos de España está a ser neste momento a expulsión polo turismo dos seus propios habitantes. A causa, unha vez máis os pisos turísticos. Os propietarios dunha vivenda no centro monumental dunha cidade saelles máis a conta rexistralos en plataformas como Booking ou AirBnB que alugalos ós propios habitantes. A consecuencia, os alugueres nos barrios aumentan considerablemente de prezo e pouco a pouco desaparecen os veciños. Con eles desaparecen as tendas, os bares, os servizos e o comercio local reoriéntase cara o turismo, acabando por converter a zona histórica nunha sorte de parque temático.

Este mesmo fenómeno non é alleo a Compostela. Se en cidades como Barcelona ou como Málaga, onde practicamente, nesta última, non quedan comercios non adicados a hostalería, a cidade de Santiago está a sufrir paso a paso un destino común. Tras a liberalización de usos feita polos consistorios de Conde Roa e Agustín Hernández, na cidade histórica comezaron a proliferar en todos os recunchos locais de hosteleiría. Tamén, ó mesmo tempo, desapareceron dos portais inmobiliarios os alugueiros para residencia habitual, chegando con boterlle un ollo a webs como Idealista.

O último exemplo, a expulsión dos cidadáns da zona vella compostelá está a chegar incluso ós seus barrios radiais, como o histórico San Pedro. O artigo recollía a voz do presidente de A Xuntanza, asociación de veciños do barrio. Segundo el a situación afecta a esencia mesma do barrio, con menos veciñanza e menos servizos. Apélase tamén á falta dunha regulación nacional para os pisos turísticos e máis a necesidade de recoller o problema no futuro Plan Especial do Casco Histórico, no que xa está traballando o novo consistorio. Máis no artigo de El Correo Gallego.

Rúa de San Pedro en Santiago de Compostela / barriosanpedro.eu

Pode que che interese...