fbpx
Fonte do Paseo da Alameda / foto Concello de Santiago

Santiago estrea iluminación e espectacular novo aspecto nas fontes da súa histórica Alameda

Tempo de lectura: 2 min.

Poñer en valor as seis fontes ornamentais da alameda compostelá, facéndoas funcionar de xeito sostible e dotándoas dun novo sistema de iluminación máis acorde co entorno privilexiado no que se atopan. Esta é a singular obra que o Concello de Santiago, a través da Concellaría de Parques e Xardíns, acaba de inaugurar nos históricos xardíns da Alameda.

Trátase de seis fontes ornamentais: a do Paseo dos Leóns, a dos Condes de Altamira, o estanque do Ollo, a fonte do Paseo Central, a da Cuncha e a de San Clemente. Cinco delas atopábanse baleiradas e sen funcionamento ó non dispor dun sistema de recirculación de auga e non estar impermeabilizadas.

Estanque do Ollo no Paseo de Ferradura / foto Concello de Santiago

Isto facía que para funcionar tiveran que consumir auga potable da rede de abastecemento de forma continua. Así o consumo de auga sería próximo 100 millóns de litros de auga anuais, 12 veces máis que a auga empregada para regar o parque, polo que se tomara a de a decisión de manter as fontes sen auga.

Para cumprir co obxectivo instaláronse sistemas de recirculación de auga, mediante o emprego de bombas somerxibles, e impermeabilizáronse as fontes para evitar as fugas existentes. Este novo sistema supón, ademais dunha recuperación destes elementos históricos, un substancial aforro de auga, que chegará ós 94,608 m3/ano.

Fonte dda Cuncha no paseo de Alameda / foto Concello de Santiago

Ademais con esta reforma dotouse tamén ás fontes da alameda dunha nova iluminación, que resalta o seu aspecto e mellora a súa contemplación nas horas nocturnas. Para isto empregáronse proxectores equipados con lámpadas led de alto rendemento e baixo consumo colocados no fondo do vaso con accesorios especiais que respectan a impermeabilización do mesmo e permiten a instalación baixo a lámina de auga.

Así, a nova obra desenvolvida polo Concello, a través dun proxecto de restauración exhaustivo, permitirá un funcionamento sostible e unha mellora substancial do seu aspecto, cunha nova iluminación e  en consonancia co importante espazo da cidade no que se atopan. As históricas fontes serán agora un verdadeiro atractivo dun dos xardíns históricos máis importantes e mellor conservados de Galicia.

Fonte do Paseo da Alameda / foto Concello de Santiago

Pode que che interese...