fbpx
Hórreo queimado en Ourense na vaga de lumes de outubro de 2017 / FB O Sil

O grande incendio de Mondariz puido ter afectado a petróglifos

Tempo de lectura: < 1 min.

O gran lume que aíńda este luns 8 de outubro segue activo en Mondariz puido ter afectado a petróglifos. Así o confirmou a tenente de alcalde desta localidade, Mónica Peralba.

Así, segundo recollen varios medios, Peralba dixo que o incendio arrasou unha zona alta de monte de eucaliptos e ademais de aproximarse ás casas tamén estiveron “preto” de petróglifos, aínda que descoñece se se produciu “algún dano” sobre eles.

O concello terá que agardar a que sexa totalmente extiguindo e pasen algúns días para facer un balance dos danos ambientais e patrimoniais deste lume que, como no caso dos da vaga de outubro de 2017, puxo en en perigo a vida das persoas.

O incendio da localidade pontevedresa obrigou a desaloxar a uns 40-60 veciños das súas vivendas a pasada noite pola proximidade das chamas xa que se aproximaron a 50 metros das súas vivendas. Este incendio é o quinto que rexistra este concello pontevedrés nunha semana, o que apunta a súa intencionalidade.

Pode que che interese...